Ir o contido principal

O concurso de ideas empresariais innovadoras da USC amplía o seu prazo de inscrición ata o 6 de maio

El concurso de ideas empresariales innovadoras de la USC amplía su plazo de inscripción hasta el 6 de mayo
El concurso de ideas empresariales innovadoras de la USC amplía su plazo de inscripción hasta el 6 de mayo
Calquera integrante da comunidade universitaria (incluídos titulados e tituladas dos últimos tres anos contados dende o peche da convocatoria), de calquera área de coñecemento da USC é o público...
Lugo

Calquera integrante da comunidade universitaria (incluídos titulados e tituladas dos últimos tres anos contados dende o peche da convocatoria), de calquera área de coñecemento da USC é o público destinatario da décimo sexta edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC. A finalidade é premiar a emprendedores e emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto prazo.

 

A inscrición deberá formalizarse de forma telemática cumprimentando o formulario que aparece na web www.uniemprende.es antes do 6 de maio. As propostas que se presentan á convocatoria serán valoradas en función da viabilidade e factibilidade, carácter innovador, grao de madurez da idea, mercado potencial e presenza de políticas de igualdade.

 

Outorgaranse un total de cinco premios de 500 euros por idea. Destes, dous reservaranse para propostas baseadas en traballos de investigación desenvolvidos en grupos da USC. Ademais, un mínimo de dous concederanse a ideas promovidas principalmente por mulleres ou grupos con maioría de mulleres.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.