Ir o contido principal

O CulturaLab de Primavera do Campus Terra de Lugo abre unha convocatoria para participar como conversador

El CulturaLab de Primavera del Campus Terra de Lugo abre una convocatoria para participar como conversador
El CulturaLab de Primavera del Campus Terra de Lugo abre una convocatoria para participar como conversador
O CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC, un foro de pensamento e debate encadrado na edición deste ano no Curso de Primavera da USC, que leva por título ‘Olladas arredor da cultura...
Lugo

O CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC, un foro de pensamento e debate encadrado na edición deste ano no Curso de Primavera da USC, que leva por título ‘Olladas arredor da cultura contemporánea’, busca unha maior implicación e participación da sociedade e do público interesado neste programa a través da apertura dunha convocatoria pública na que os estudantes participantes poden amosar as súas preferencias e incluso escoller a relación de relatores/conversadores que guiarán as Conversas do CulturaLab.

 

O obxectivo do lanzamento desta convocatoria pasa por seleccionar dúas persoas/colectivos interesadas en participar en dúas das conversas que se darán no marco deste encontro que terá lugar os días 20 e 21 de maio de 2017 no Campus Terra da USC. Estas conversas deberán estar relacionadas co concepto cultura híbrida, é dicir, procurarase atender a través desta convocatoria propostas, accións ou investigacións que mesturen e fagan interactuar  a cultura con outros campos, nas que se dean procesos que superen as visións do culto vs popular. Daquela, este convite vai dirixido a persoas que estean traballando propostas que escapen das visións tradicionais de cultura e se crucen con outras manifestacións, como pode ser a ciencia, a tecnoloxía, a saúde ou o territorio…

 

O xurado desta selección estará composto polo propio alumnado do Máster en Servizos Culturais da USC e polo coordinador do CulturaLab, Fran Quiroga investigador e comisario. Aquelas persoas que desexen enviar unha proposta deben remitir un documento pdf ao enderezo msc.culturalab [at] usc.es (msc[dot]culturalab[at]usc[dot]es) antes do 3 de maio. Tamén se pode obter máis información en liña na web: http://www.lugocultural.es/news/153/24/XII-Curso-de-Primavera/d,Detalle/

 

A temática das conversas programadas ao abeiro do CulturaLab vai en consonancia co resto de sesións incluídas no Curso de Primavera, no que se desenvolverán intervencións, tanto obradoiros como relatorios nos que se tratará sobre diversidade, autonomía dos centros culturais, dereito á cultura e cultura híbrida.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.