O Espazo de Danza abre en febreiro o prazo de matrícula para o curso de danza latina
A programación do Espazo de Danza da USC para o segundo semestre no Campus Terra contempla un curso de danza latina (salsa, bachata, merengue, conga, cha-cha-chá e rueda cubana) na modalidade de nivel intermedio. Miguel David Herrera será o encargado de impartir este curso de danzas latinas, a través do que os participantes poderán perfeccionar a súa técnica e expresión corporal nos diversos bailes caribeños, ademais de poñer en valor a cultura latinoamericana.
O prazo de inscrición nesta nova programación do Espazo de Danza da USC na sede universitaria luguesa permanecerá aberto desde o 1 de febreiro ata completar as prazas ofertadas. O curso está estruturado en 30 horas de formación, que se desenvolverán os venres desde o 23 de febreiro ata o 8 de xuño na Sala de Danza e Teatro da Facultade de Veterinaria, en horario de 16.00 a 18.00 horas.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo nas oficinas da Área de Cultura situadas no edificio de Vicerreitorías, ou ben a través dos números de teléfono 982 821 510 ou 982 821 513.