Ir o contido principal

O foro 'Lugo cara o futuro' conecta a universidade co tecido produtivo

O foro 'Lugo cara o futuro' conecta a universidade co tecido produtivo
O foro 'Lugo cara o futuro' conecta a universidade co tecido produtivo
USC e El Progreso organizaron este martes, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a xornada ‘Lugo cara o futuro. Sociedade e Universidade’ que tivo lugar na Casa do Saber e...
Lugo

USC e El Progreso organizaron este martes, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a xornada ‘Lugo cara o futuro. Sociedade e Universidade’ que tivo lugar na Casa do Saber e na que diferentes relatores abordaron eidos estratéxicos para a provincia e para a comunidade no seu conxunto como é o caso do sector primario, a tecnoloxía, a mobilidade e a cultura, coa intención de conectar a Universidade co tecido produtivo no que se enmarca. 

 

A sesión estivo dividida en tres mesas temáticas, tratando a primeira delas sobre o sector primario e na que participaron directivos de Lactalis, LugoMadera, Pescados Rubén e Adegas Moure, xunto coa técnico da OIT, Dolores Fernández Vega, e Elena López Colmenero da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC. A mesa estivo moderada polo subdirector de El progreso Tito Diéguez.

 

A continuación, foi a quenda das empresas tecnolóxicas e de mobilidade, contando esta mesa temática coa participación de Monbus, Norvento, Agroamb e 3edata. Por parte da USC, estiveron presentes nesta mesa o profesor da EPS de Enxeñaría Alberte Castro Ponte e Patricia González Alonso da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento. A mesa foi moderada polo xornalista de El progreso Arsenio Coto.

 

A xornada pechouse cunha mesa especializada en cultura e que contou coa presenza do cineasta Jorge Coira, o escritor Antonio Reigosa, representantes do festival FaCeLa Fest, a fundación Uxío Novoneyra e a Sociedad Filarmónica Lucense. A responsable da oficina de Cultura no campus de Lugo Paloma Lugilde tamén tomou parte nesta mesa moderada polo xornalista de El Progreso e escritor Santiago Jaureguízar.

 

A xornada foi clausurada polo reitor Antonio López e pola presidenta do grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, mentres que no acto inaugural contouse coa intervención da vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e pola deputada provincial Sonoles López Izquierdo. 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.