Ir o contido principal

O Hospital Veterinario Rof Codina do Campus Terra da USC, pioneiro na loita contra o cancro

El Hospital Veterinario Rof Codina del Campus Terra de la USC, pionero en la lucha contra el cáncer
El Hospital Veterinario Rof Codina del Campus Terra de la USC, pionero en la lucha contra el cáncer
O Laboratorio de Radiofísica da USC constitúe un importante activo universitario na loita contra o cancro, un cometido a cuxo éxito contribúe de xeito silencioso, aínda que coa máxima fiabilidade, e...
Lugo

O Laboratorio de Radiofísica da USC constitúe un importante activo universitario na loita contra o cancro, un cometido a cuxo éxito contribúe de xeito silencioso, aínda que coa máxima fiabilidade, e a cuxa optimización pode contribuír o acelerador de electróns médico que vén de ceder ao centro universitario o Centro Oncolóxico de Galicia e o Sergas. Este novo equipamento permitirá mellorar os servizos de calibración, ensaios de radiación e radioterapia animal que desde hai máis dun lustro centran a actividade deste laboratorio universitario.

 

O servizo de radioterapia para animas que realiza o Laboratorio de Radiofísica da USC desenvólvese en colaboración co Hospital Veterinario Rof Codina de Lugo, cuxos facultativos remiten os animais susceptibles de someterse a este tipo de tratamento. A casuística de mascotas que reciben este tipo de asistencia no centro compostelán podería cuantificarse en dous animais cada mes.

 

Máis información no Xornal da USC. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.