O IBADER celebra este martes 22 de maio ás 17.00h o Día da Rede Natura 2000
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus Terra da USC celebrará este martes 22 de maio, ás 17.00h, o Día da Rede Natura 2000 coa organización dunha xornada na...
Lugo
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus Terra da USC celebrará este martes 22 de maio, ás 17.00h, o Día da Rede Natura 2000 coa organización dunha xornada na que distintos relatores porán en valor a importancia da protección do patrimonio natural, así como da mellora do grao de benestar e da economía.
A xornada de carácter monográfico sobre a Rede Natura 2000 é de asistencia libre e de balde para todo o público interesado e desenvolverase en quenda de tarde ata as 20.00 horas na Aula Luciano Sánchez García do Ibader.