O LaboraTe do Campus Terra da USC participa na mellora do catastro e da xestión das terras rurais en Ecuador
O LaboraTe da USC, un grupo de investigación con sede na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC especializado no estudo do territorio, vén de participar no proxecto Sigtierras, do...
Lugo
O LaboraTe da USC, un grupo de investigación con sede na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC especializado no estudo do territorio, vén de participar no proxecto Sigtierras, do Programa Sistema Nacional de Información y Gestión de Tierras Rurales e Infraestructura Tecnológica de Ecuador, que ten como obxectivo implantar neste país centroamericano un sistema eficiente de xestión de catastro e rexistro da propiedade da terra rural.