O LaboraTe organiza unha xornada sobre Cooperación para o Desenvolvemento no IDEGA
O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) organiza este xoves 26 de abril unha xornada sobre Cooperación para o Desenvolvemento no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Enmarcado no actual contexto de redacción dun novo plan director, o LaboraTe busca atopar puntos en común entre os diferentes actores de cooperación, en especial entre universidades e ONGs.
Ao longo da xornada tratarase de darlle resposta a preguntas tales como cales son os principais problemas aos que nos enfrontamos en cooperación; cales son as metas comúns dos diferentes actores; ou cales son as formas de colaboración posibles entre a universidade e eses actores. Para máis información, pode chamarse ao 982 823 292. Consulta o programa completo da xornada.