Ir o contido principal

O Lubicán Íntimo trae este venres A Banda da Loba á Praza de Santa María, onde se proxectarán os traballos do III Findecurta

El Lubicán Íntimo trae este viernes a 'A Banda da Loba' a la Plaza de Santa María, donde se proyectarán los trabajos del III Findecurta
El Lubicán Íntimo trae este viernes a 'A Banda da Loba' a la Plaza de Santa María, donde se proyectarán los trabajos del III Findecurta
O grupo de música galega 'A Banda da Loba’ abrirá este venres 27 de abril, no marco do Lubicán Íntimo, unha velada de música e cine na luguesa Praza de Santa María, onde ofrecerá, a partir das 21.00...
Lugo

O grupo de música galega 'A Banda da Loba’ abrirá este venres 27 de abril, no marco do Lubicán Íntimo, unha velada de música e cine na luguesa Praza de Santa María, onde ofrecerá, a partir das 21.00 horas, o concerto de presentación do seu primeiro traballo discográfico ‘Bailando as rúas’, un repertorio que inclúe temas de autoría propia e outros baseados en letras de poetas clásicos coma Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Rosalía de Castro..., ou en poemas contemporáneos de Rosalía Fernández Rial e Celia Parra.

 

O concerto de A Banda da Loba, unha formación feminina integrada por cinco mulleres (Xiana Lastra, Andrea Porto, Marcela Porto, Estela Rodríguez e Inés Mirás) que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo que se caracteriza por un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular, no que mesturan pop, blues, folk, rock e sons tradicionais, servirá de preludio dunha sesión de cinema ao aire libre, durante a que o público poderá gozar coa proxección das dez propostas audiovisuais presentadas á última edición do certame ‘Findecurta’. Esta iniciativa a prol da creación e do cinema galego e en galego tamén está incluída na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.

 

Unha vez rematada a emisión das curtas presentadas a concurso, o xurado do certame fará público o seu fallo e dará a coñecer as dúas candidaturas gañadoras. O primeiro premio inclúe unha gratificación en metálico de 500 euros e garante a proxección da curta na próxima edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, un certame no que tamén participará a proposta audiovisual distinguida co segundo galardón.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.