Ir o contido principal

O Ministerio de Agricultura convoca bolsas de formación práctica para enxeñeiros agrónomos ou titulados no Máster de Enxeñaría Agronómica

El Ministerio de Agricultura convoca becas de formación práctica para ingenieros agrónomos o titulados con Máster de ingeniería agronómica
El Ministerio de Agricultura convoca becas de formación práctica para ingenieros agrónomos o titulados con Máster de ingeniería agronómica
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente acaba de publicar no Boletín Oficial do Estado a convocatoria de tres bolsas de formación práctica a desenvolver no Fondo Español de...
Lugo

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente acaba de publicar no Boletín Oficial do Estado a convocatoria de tres bolsas de formación práctica a desenvolver no Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), para enxeñeiros agrónomos ou titulados no Máster en Enxeñaría Agronómica, titulacións ambas as dúas impartidas no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Os beneficiarios deberán ser españois ou dun Estado membro da Unión Europea, residentes en España, ter menos de 30 anos, e ter rematado os estudos durante os seis anos anteriores ao día seguinte ao da entrada en vigor da convocatoria. Terán tamén que estar en posesión ou en condicións de obter o título de enxeñeiro agrónomo, ou estar titulados no máster en Enxeñaría Agronómica, que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeiro agrónomo. As bolsas, cuxa dotación por beneficiario será de 1.200 euros mensuais, terán unha duración de doce meses, prorrogable a outros doce.

 

A formación práctica estará relacionada coa competencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). Este Organismo Autónomo, adscrito ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Secretaría Xeral de Agricultura e Alimentación, ten como misión principal facer que as axudas da Política Agraria Común (PAC) se apliquen estrictamente para lograr os obxectivos desta política, chegando de manera eficaz aos beneficiarios que cumpran cos requisitos establecidos para a súa concesión, dentro dos prazos previstos na normativa reguladora, fomentando unha aplicación homoxénea das axudas da PAC en todo o territorio do Estado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.