Ir o contido principal

O Museo Universitario A Domus do Mitreo celebra este xoves unha xornada de portas abertas co gallo do Arde Lucus

El Museo Universitario A Domus do Mitreo celebra este jueves una jornada de puertas abiertas con motivo del Arde Lucus
El Museo Universitario A Domus do Mitreo celebra este jueves una jornada de puertas abiertas con motivo del Arde Lucus
O Museo Universitario A Domus do Mitreo celebra este xoves, co gallo da inminente celebración do Arde Lucus, unha xornada de portas abertas, durante a que o acceso ao xacemento mitraico e á sala...
Lugo

O Museo Universitario A Domus do Mitreo celebra este xoves, co gallo da inminente celebración do Arde Lucus, unha xornada de portas abertas, durante a que o acceso ao xacemento mitraico e á sala expositiva complementaria que vén de ser inaugurada hai uns meses, será libre e de balde para todo o público de 11.00 a 14.00 horas e, en quenda de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.

 

O programa deseñado pola USC na que é a súa primeira participación nas celebracións do  Arde Lucus inclúe nesta xornada de portas abertas, a posibilidade de gozar de dúas visitas guiadas á Domus do Mitreo que comezarán ás 11.00 e ás 18.00 horas. Xa pola noite, a Área de Cultura da USC no Campus Terra ofrecerá dous novos pases do programa ‘Noite na Domus’. Estas visitas guiadas polo arqueólogo Celso Rodríguez Cao e co acompañamento musical de Germán Díaz desenvolveranse ás 20.30 e ás 21.45 horas. As persoas interesadas deberán retirar convite o xoves de 10.00 a 14.00 horas na oficina de Cultura da Vicerreitoría do Campus de Lugo.

 

O Museo Universitario A Domus do Mitreo manterá un horario especial de apertura durante os días do Arde Lucus:

15 , 16 e 17 de xuño

Ampliación de horario:

Vernes de 11:00 a 22:00

Sábado de 10:30 a 22:00

Domingo de 11:00 a 20:00

 

O espazo de Danza da USC-Lugo

O Espazo de Danza da USC tamén se suma o venres, ás 22.00 horas, na Praza de Santa María, ás celebracións do Arde Lucus con varias intervencións no marco da coreografía ‘A fvndación da cidade de Lvcus Avgvst’, un espectáculo no que varias formacións artísticas viaxarán pola historia de Lugo a través da danza. Neste caso, o Espazo de Danza da USC, dirixido por Juan Carlos Zahera, fará visible o traballo realizado polo alumnado do curso de danza oriental.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.