Ir o contido principal

O paisaxismo e a ordenación do territorio centran un foro de debate na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC

El paisajismo y la ordenación del territorio centran un foro de debate en la Escuela Politécnica Superior del Campus Terra de la USC
El paisajismo y la ordenación del territorio centran un foro de debate en la Escuela Politécnica Superior del Campus Terra de la USC
O paisaxismo e a ordenación do territorio son os asuntos que centrarán este venres a temática da terceira sesión do ciclo de conferencias forestais organizado pola Escola Politécnica Superior do...
Lugo

O paisaxismo e a ordenación do territorio son os asuntos que centrarán este venres a temática da terceira sesión do ciclo de conferencias forestais organizado pola Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. Este foro de debate, que se desenvolverá , a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués, estará moderado polo profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC Manuel F. Marey.

 

O director do departamento técnico do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, Alfredo Pérez Ríos; o xerente da empresa Indesnor (Enxeñaría e Desenvolvementos do Norte), Santiago Mesías Míguez, e o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na EPS David Miranda Barros, integran a quenda de relatores que participará neste foro. Ao remate das intervencións, comezará un debate aberto, durante o que o público presente poderá trasladar as preguntas que considere.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.