Ir o contido principal

O prazo para participar nos I Premios da Cátedra do Pan e do Cereal remata o 30 de setembro

El plazo para participar en los I Premios de la Cátedra del Pan y del Cereal termina el 30 de septiembre
El plazo para participar en los I Premios de la Cátedra del Pan y del Cereal termina el 30 de septiembre
A Cátedra do Pan e do Cereal, dirixida pola catedrática da USC no Campus Terra de Lugo, Ángeles Romero, mantén aberto ata o 30 de setembro o prazo para a presentación de candidaturas que opten á...
Lugo

A Cátedra do Pan e do Cereal, dirixida pola catedrática da USC no Campus Terra de Lugo, Ángeles Romero, mantén aberto ata o 30 de setembro o prazo para a presentación de candidaturas que opten á primeira edición dos premios destinados a poñer en valor aqueles Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Mestrado (TFM) que versen sobre os cereais e os seus derivados, abarcando dende a produción ata a fase final de comercialización dos produtos obtidos.

 

Poden optar a estes galardóns todos aqueles estudantes da USC que defendesen os seus TFG/TFM ao longo dos cursos académicos 2016-2017 e 2017-2018, cuxa temática se enmarque no ámbito adscrito na convocatoria que pode descargarse neste enlace.

 

Os traballos presentados optarán a tres premios que constan dun diploma de mérito, tanto para o alumno ou alumna, como para o seu titor ou titora, así como a unha dotación económica de 1000 euros para o primeiro premio, de 500 euros para o segundo, e de 250 para o terceiro. A presentación de solicitudes farase a través do rexistro electrónico da USC.

 

A Cátedra do Pan e do Cereal é a primeira cátedra institucional adscrita ao Campus Terra de Lugo, promovida polo Grupo Da Cunha, e que ten como obxectivos xerais a investigación, o fomento da docencia e a difusión dos coñecementos no ámbito do pan e dos cereais.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.