O programa Empréga-T da USC ensina ao alumnado do Campus Terra a superar con éxito unha entrevista laboral
O circuíto ‘Talent´s Loop: potencia o teu Talento’ do programa "Empréga-T" da Universidade de Santiago de Compostela, o cal forma ao alumnado nas habilidades precisas á hora de atopar emprego na...
Lugo
O circuíto ‘Talent´s Loop: potencia o teu Talento’ do programa "Empréga-T" da Universidade de Santiago de Compostela, o cal forma ao alumnado nas habilidades precisas á hora de atopar emprego na actual situación do mercado laboral, chegou este mércores á Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra.
Este adestramento, cunha duración de 2 horas para cada participante, proporcionou ao alumnado un auténtico laboratorio de emprego con adestramento persoal e individualizado no que se simulou un proceso de selección real. Deste xeito, as persoas participantes puideron recibir feedback personalizado por parte de expertas e expertos para mellorar as súas posibilidades de pasar con éxito un proceso selectivo.