Ir o contido principal

O Programa Explorer en Lugo impulsa un proxecto para poñer en valor a madeira local

O Programa Explorer en Lugo impulsa un proxecto para poñer en valor a madeira local
O Programa Explorer en Lugo impulsa un proxecto para poñer en valor a madeira local
Andreina Mitsai Vargas Carrión e Daniela Lourenço Dos Santos, promotoras do proxecto Timbersoul, veñen de presentar no Centro Explorer de Lugo, un proxecto de base tecnolóxica que pon en valor a...
Lugo

Andreina Mitsai Vargas Carrión e Daniela Lourenço Dos Santos, promotoras do proxecto Timbersoul, veñen de presentar no Centro Explorer de Lugo, un proxecto de base tecnolóxica que pon en valor a madeira local ofrecendo un servizo integral de asesoramento e comercialización de sistemas estruturais innovadores e ecolóxicos.

 

Este proxecto, primeiro finalista do Programa Explorer en Lugo, tamén foi seleccionado para competir na categoría Disruptive Technology Explorer Award, que impulsa INDRA e poderá optar a 3.000 euros para o seu desenvolvemento e asesoramento por parte dos profesionais de Indraventures.

 

As premiadas viaxarán o 31 de outubro a Silicon Valley, California, xunto a outros 55 mozos e mozas, un por cada Explorer Space que o programa posúe en toda España, Arxentina e Portugal. A axenda desta semana de inmersión no principal ecosistema de tecnoloxía e innovación do mundo inclúe visitas a empresas tecnolóxicas líderes como Google, Facebook, Apple ou Airbnb, masterclasses en universidades como Singularity University ou Standford e contacto con inversores.

 

Ao seu regreso, os 56 mozos e mozas asistirán á Ciudade Grupo Santander de Boadilla del Monte onde un xurado integrado por representantes do Banco Santander, CISE e entidades colaboradoras seleccionará os gañadores nacionais de Explorer 2019. Os tres mellores emprendedores recibirán unha dotación económica (30.000, 20.000 e 10.000 euros) para que poidan acelerar os  seus proxectos.

 

RADIS Ibérica, segundo proxecto finalista promovido por Aitor Rego López e Ana Losada Lombardía, é unha empresa de innovación tecnolóxica especializada na medición, emisión de informes e minimización de gas radón que a través do desenvolvemento dun sistema propio e intelixente de medición de concentración e de baixo coste, é capaz de mostrar en tempo real os valores de radón dunha edificación aos seus usuarios a través dunha app móbil.

 

Woman Explorer Award

O proxecto Sondeiquí, terceiro finalista e impulsado por Laura López Lorenzo, foi seleccionado polo xurado como finalista para o premio Woman Explorer Award que patrocina a Fundación EY e optará en novembro a un galardón de 20.000 euros.

 

Soindeiquí é unha empresa que proporciona aos mais exquisitos padais os mellores sabores de cada país producidos e comercializados en Galicia, de forma artesanal, ecolóxica e respectando o medio ambiente. Entre os seus produtos estrela producirase Huitlacoche Galego, un fungo que medra nos graos de millo en México, de onde é orixinario, e na alta cociña considérase un manxar. Ademais de estas mencións todas as categorías contaron cun premio de Hosting dun ano e dominio por parte da empresa luguesa Raiola Networks.

 

O programa Explorer, está xestionado pola USC a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento, e conta con dous centros: Explorer USC Santiago, situado no Edificio Emprendia do Campus Vida, e Explorer USC Lugo, situado na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra.

 

O programa conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía e Industria e, no caso de centro Explorer USC Lugo, co apoio da Deputación Provincial de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.