Ir o contido principal

O programa Explorer ‘Mozos con ideas’ ofrece apoio e formación gratuíta a 40 novos emprendedores do Campus Terra de entre 18 e 31 anos

El programa Explorer ‘Jóvenes con ideas’ ofrece apoyo y formación gratuita a 40 nuevos emprendedores del Campus Terra de entre 18 y 31 años
El programa Explorer ‘Jóvenes con ideas’ ofrece apoyo y formación gratuita a 40 nuevos emprendedores del Campus Terra de entre 18 y 31 años
O programa Explorer ‘Mozos con ideas’, promovido polo Banco Santander co apoio, entre outros, da USC e da Xunta de Galicia, brindará de forma gratuíta formación, apoio e mentoring a mozos de Lugo de...
Lugo

O programa Explorer ‘Mozos con ideas’, promovido polo Banco Santander co apoio, entre outros, da USC e da Xunta de Galicia, brindará de forma gratuíta formación, apoio e mentoring a mozos de Lugo de entre 18 a 31 anos que queiran desenvolver proxectos innovadores. Os autores das mellores propostas de emprendemento seleccionadas nesta convocatoria no Explorer Space do Campus Terra recibirán como agasallo unha viaxe a Silicon Valley, ao tempo que tamén poderán optar a 60.000 euros en financiación. Os emprendedores universitarios da USC interesados en participar neste programa de emprendemento e innovación poden inscribirse ata o 8 de decembro  na web www.explorerbyx.org.

 

O programa Explorer ‘Mozos con Ideas’, que impulsa o talento da mocidade e a xeración de proxectos innovadores nun entorno dixital, aberto e de colaboración, constitúe unha iniciativa de Santander Universidades coordinada polo CISE (Centro Internacional Santander Emprendimiento) e representa a evolución de Santander YUZZ, un programa que nas súas oito edicións anteriores potenciou os proxectos de máis de 4.200 mozos emprendedores e xerou centos de empresas en todo o país.

 

Ás vantaxes que tiveron miles de participantes nos programas de emprendemento impulsados polo Santander, Explorer suma a posibilidade de formar parte do maior ecosistema de emprendemento universitario do mundo a través da plataforma global Santander X, www.jointheX.org, que xa conta con mais de 40 universidades adheridas de distintos países, e convértese en punto de encontro de emprendedores, universidades e posibles socios e inversores de todo o mundo. Os participantes de Explorer poderán contactar con mozos do resto do mundo, gañar proxección internacional, xerar novas oportunidades para as súas startups nun entorno aberto, dixital e colaborativo, ademais de participar nunha iniciativa en rede que conta con máis de 150 institucións como a Fundación EY, Indra, Secot e Netberry.

 

As candidaturas seleccionadas poderán beneficiarse do acceso ao espazo Explorer Space habilitado no Campus Terra, centro de coworking de alto rendemento onde desenvolverán as súas ideas de forma colaborativa e onde se conectarán con outros emprendedores. Tamén recibirán asesoramento personalizado e formación dunha rede de mais de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.

 

Comunidade, impulso e financiación

Ao finalizar os cinco meses de formación e ideación, os promotores ou promotoras do proxecto mellor valorado do Explorer Space do Campus Terra viaxará a Silicon Valley, o referente mundial en innovación e emprendemento, xunto a outros 50 emprendedores de todo o país e alí recibirán clases maxistrais en empresas tecnolóxicas punteiras, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos recibirán 30.000, 20.000 y 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.

 

Grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award, que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por una emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award –impulsado por INDRA-, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio máis innovador.

  

Explorer Lugo Space

O Explorer Lugo Space contará con sede propia na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE) de Lugo (Campus Terra), que xa conta cun espazo coworking a disposición dos emprendedores. A Facultade de Administración e Dirección de Empresas eríxese como un espazo universitario para a creación de valor económico-social, sendo o emprendemento un dos eixos chave para chegar a tal fin. Todo elo, a través dunha cooperación produtiva entre universidade-empresa-sociedade, para a proxección dos coñecementos, capacidades e resultados xerados no Campus e a súa transformación en fonte de progreso e motor de cambio na súa contorna a nivel social, económico e territorial. Ademais, os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto na Fundación CEL.

 

A actividade deste Explorer Space intégrase no programa de emprendemento da USC que ten como principais axentes a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e a Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais, S.L., e UNINOVA (Incubadora da USC). O Edificio Emprendia, en Santiago de Compostela, acolle tamén en súas instalación ás sociedades de capital risco UNIRISCO Galicia e UNINVEST. Contado tamén con espazos específicos para a incubación de iniciativas empresariais da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.