Ir o contido principal

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC no Campus Terra forma monitores científicos para XuvenCiencia

El Servicio de Participación e Integración Universitaria de la USC en el Campus Terra forma a monitores científicos para Xuvenciencia
El Servicio de Participación e Integración Universitaria de la USC en el Campus Terra forma a monitores científicos para Xuvenciencia
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC no Campus Terra vén de por en marcha unha iniciativa para formar a monitores e monitoras científicas que participen na VI Edición do...
Lugo

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC no Campus Terra vén de por en marcha unha iniciativa para formar a monitores e monitoras científicas que participen na VI Edición do Campus de Verán Xuvenciencia, que terá lugar no Campus Terra entre o 1 e o 7 de xullo de 2018.

 

Para inscribirse nesta iniciativa do SEPIU é requisito indispensable estar realizando no actual curso académico 2017/18 estudos de Grao, Máster, Doutoramento ou Formación Profesional. As actividades voluntarias están relacionadas co acompañamento a estudantes, a dinamización de grupos e de actividades lúdicas, apoio na loxística, medios audiovisuais (fotografía e vídeo) e nos obradoiros e proxectos científicos. Para poder formar parte de XuvenCiencia como monitor/a científico/a é necesario enviar ao correo electrónico sepiu.lugo [at] usc.es (sepiu[dot]lugo[at]usc[dot]es), o formulario de solicitude e toda a documentación que se indica na web do Servizo de Participación e Integración Universitaria ata o 2 de abril.

 

A organización do Campus de Verán proporcionará aloxamento e manutención aos voluntarios e voluntarias que resulten seleccionados tanto durante as xornadas de formación como durante o desenvolvemento das actividades no mes de xullo. A USC será a responsable de acreditar, asegurar e certificar as actividades das persoas voluntarias.

 

A coordinación do Campus de Verán XuvenCiencia valorará as candidaturas en función da experiencia en edicións anteriores, afinidade cos estudos cursados, experiencia en actividades de características similares, en dinamización de grupos ou a realización de cursos da mesma temática, dispoñibilidade para a preparación e realización das actividades.

 

Os voluntarios e voluntarias que resulten convocados para participar na VI edición do Campus de Verán XuvenCiencia deberán realizar a formación asociada aos programas de voluntariado e participar nas sesións de preparación específica convocadas pola coordinación de XuvenCiencia. A primeira sesión de preparación específica terá carácter presencial e celebrarase en Lugo o sábado 14 de abril. As actividades de voluntariado e participación social contan cun certificado oficial e con recoñecemento académico para todas as titulacións de grao da USC.

 

O Campus de Verán XuvenCiencia do Campus Terra da USC, cuxo período de inscrición para alumnado preuniversitario abrirase o vindeiro 27 de abril, é unha actividade divulgativa promovida e organizada polo Grupo XuvenCiencia da USC, que ofrece a oportunidade de ter un contacto directo con diversas ramas das ciencias e da tecnoloxía. Esta iniciativa que vai ter lugar do 1 ao 7 de xullo de 2018, está coordinada pola profesora Mercedes Novo Rodríguez da Facultade de Ciencias do Campus Terra e desenvolvida por profesorado de diversas especialidades das cinco grandes áreas de coñecemento. A súa finalidade principal é espertar o interese polas vocacións científicas entre o alumnado de últimos cursos de secundaria e bacharelato.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.