O Servizo de Relacións Exteriores da USC presenta o programa Erasmus+ no Campus Terra
A xefa de sección de Mobilidade, Cooperación e Convenios do Servizo de Relacións Exteriores da USC, dona Anne Forryan, impartirá o luns 21 de novembro dúas charlas sobre Mobilidade no Campus Terra. O obxectivo destas sesións consiste en informar o alumnado sobre os programas desta área e, en concreto, do programa Erasmus+ que se convocará a finais deste mes.
A primeira das sesións terá lugar ás 11.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e, a continuación, ás 13.15 horas, na aula 8 da Facultade de Veterinaria, celebrarase a segunda das charlas.
Ademais, este xoves 17 de novembro, de 11.30 a 16.00 horas, o Campus Terra da USC acolle, no auditorio da Facultade de Veterinaria, o International Day, unha xornada na que os alumnos e alumnas estranxeir@s do Campus disporán de espazos expositores nos que presentarán o seu país e universidade de orixe.