O Sonoro Maxín presenta ‘Sete dezasete’ este xoves en Lugo no concerto de clausura do Lubicán 2018
A banda ourensá O Sonoro Maxín, unha formación xurdida en Ourense en 2017 logo da xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum, presentará este xoves 31 de maio, ás 21.00h, na praza de...
Lugo
A banda ourensá O Sonoro Maxín, unha formación xurdida en Ourense en 2017 logo da xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum, presentará este xoves 31 de maio, ás 21.00h, na praza de Santa María, malia que en caso de choiva o concerto realizarase no Círculo das Artes de Lugo, o seu segundo e último traballo, ‘Sete dezasete’.
Este é o concerto de clausura do ciclo Lubicán 2018, un programa a prol da música en galego e feita por artistas galegos promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.