Ir o contido principal

O ‘V International Day 2016’ promoverá este xoves en Lugo as vantaxes dos programas de mobilidade do Campus Terra da USC nunha feira intercultural protagonizada polos estudantes internacionais

El ‘V International Day 2016’ promoverá este jueves en Lugo las ventajas de los programas de movilidad del Campus Terra de la USC en una feria intercultural protagonizada por los estudiantes internacionales
El ‘V International Day 2016’ promoverá este jueves en Lugo las ventajas de los programas de movilidad del Campus Terra de la USC en una feria intercultural protagonizada por los estudiantes internacionales
Estudantes de Europa, América ou Asia participarán este xoves, 17 de novembro, dende as 11.30 ás 16 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria, na V Edición do ‘International Day’, nunha xornada...
Lugo

Estudantes de Europa, América ou Asia participarán este xoves, 17 de novembro, dende as 11.30 ás 16 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria, na V Edición do ‘International Day’, nunha xornada na que estudantes estranxeiros que cursan estudos actualmente na USC amosarán as particularidades culturais dos seus respectivos países de orixes. O obxectivo do evento é difundir os programas de mobilidade internacional públicos e privados, no eido da educación, voluntariado, educación non formal, a través da súa propia experiencia, facilitando a elección dun futuro destino a aquelas persoas interesadas nesta modalidade.

 

Nos stands expositores, os estudantes presentarán os seus respectivos países de orixe, facendo fincapé en aqueles aspectos que consideren máis significativos, evocativos ou ilustrativos: características xeográficas, o estilo de vida, a gastronomía a través de exemplos que poderán degustarse ‘in situ’, e a vida estudantil nas universidades de procedencia. A utilización de material audiovisual e a mostra da cultura propia a través de canto, música ou baile son outros dos atractivos da xornada. O prato forte chegará a partir das 13:00 horas con proxeccións e degustacións gastronómicas. 



 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.