Ir o contido principal

O VI Encontro Mocidade Investigadora-Ciencias abre a convocatoria para o envío de resumos

El VI Encuentro Juventud Investigadora-Ciencias abre su convocatoria para el envío de resúmenes
El VI Encuentro Juventud Investigadora-Ciencias abre su convocatoria para el envío de resúmenes
A Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela acollerá os vindeiros  30 e 31 de maio o VI Encontro Mocidade Investigadora-Ciencias que acaba de abrir o prazo para a inscrición e envío de...
Lugo

A Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela acollerá os vindeiros  30 e 31 de maio o VI Encontro Mocidade Investigadora-Ciencias que acaba de abrir o prazo para a inscrición e envío de resumos ata o próximo 20 de abril a través deste formulario.

 

Dende hai xa seis anos, a Escola de Doutoramento Internacional vén promovendo un encontro para mozos investigadores co obxecto de fomentar a colaboración e intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento. Ao longo de dous días, o VI Encontro Mocidade Investigadora-Ciencias albergará conferencias plenarias e mesas redondas. Nesta ocasión, a diferencia das pasadas edicións, haberá unha cita diferenciada para os diferentes dominios dos programas de doutoramento, sendo esta convocatoria a relativa aos programas pertencentes ás ramas de “Ciencias” e “Enxeñaría e Arquitectura”, aberta tamén ao alumnado do Campus Terra.

 

O VI Encontro Mocidade Investigadora-Ciencias conforma unha excelente oportunidade para coñecer polo miúdo os tan variados eidos de investigación que se promoven dende a USC, e amosa o traballo dos investigadores/as mozos/as  ao resto da comunidade universitaria nun congreso de carácter oficial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.