O VII Workshop de ‘REMEDIA: Rede Científica de Mitigación de Emisións de Gases de Efecto invernadoiro no sector Agroforestal’ acepta a recepción de resumos ata o 18 de febreiro
O VII Workshop de ‘REMEDIA: Rede Científica de Mitigación de Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro no Sector Agroforestal’, consolidada como un referente nacional de discusión científica no ámbito da mitigación do cambio climático relacionada coa actividades agrícola, forestal e a súa interacción, sobre todo como un exemplo de integración e colaboración científica multidisciplinar, pecha o vindeiro 18 de febreiro o seu prazo para envío de resumos a través do enderezo web http://www.redremediaworkshop.org/enviar-resumen/
O programa do Workshop que se celebrará na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra os días 27 e 28 de marzo incluirá presentacións invitadas vinculadas á promoción política dos sistemas agroforestais no marco da mitigación e adaptación ao cambio climático. Os relatores abordarán discusións actuais da Comisión Europea, organizacións da FAO (organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) e da Global Research Alliance on Agricultural Greenhouse Gases (GRA).
As sesións técnicas das outras edicións englobarán as contribucións científicas dos e das asistentes:
- Mitigación de Gases de Efecto Invernadoiro (GEIs) en sistemas gandeiros no marco dos Sectores Agroforestais (SAF).
- Mitigación de GEIs en sistemas agrícolas no marco dos SAF
- Mitigación de GEIs en sistemas forestais no marco dos SAF
- Aspectos socioeconómicos e inventarios de GEIs.
Tratarase de promover foros de discusión con tempo necesario para que se poda levar a cabo un debate por especialistas de todas as materias e representantes de organismos oficiais. Ademais e logo de finalizar o VII Workshop de REMEDIA impartirase un Taller sobre técnicas de medición de GEI no marco da ‘Red Nacional de Excelencia Nueva’
Visita a web oficial do evento: http://www.redremediaworkshop.org/presentacion/