O XII Congreso da SEAE cita 300 participantes en Lugo nun foro internacional sobre agricultura ecolóxica
O XII Congreso da Sociedade Española de Agroecoloxía (SEAE) ‘ Leguminosas: Clave na xestión dos agrosistemas e a alimentación ecolóxica’ cita desde hoxe ata o venres na capital luguesa arredor de 300...
Lugo
O XII Congreso da Sociedade Española de Agroecoloxía (SEAE) ‘ Leguminosas: Clave na xestión dos agrosistemas e a alimentación ecolóxica’ cita desde hoxe ata o venres na capital luguesa arredor de 300 participantes, entre produtores, investigadores, estudantes e empresarios, no marco dun foro de carácter internacional no que se presentarán algúns dos últimos avances acadados no eido da agricultura ecolóxica e a prol do desenvolvemento rural, ao tempo que se debaterán un total de 130 comunicacións e pósters.