Ir o contido principal

O XII Congreso de Economía Agraria da AEEA mantén aberto o prazo de envío de resumos

O XII Congreso de Economía Agraria da AEEA mantén aberto o prazo de envío de resumos
O XII Congreso de Economía Agraria da AEEA mantén aberto o prazo de envío de resumos
O Congreso de Economía Agraria da AEEA (Asociación Española de Economía Agraria), un dos foros máis importantes en España sobre investigación en economía e política agroalimentaria, rural e do medio...
Lugo

O Congreso de Economía Agraria da AEEA (Asociación Española de Economía Agraria), un dos foros máis importantes en España sobre investigación en economía e política agroalimentaria, rural e do medio ambiente, así como un espazo de encontro entre profesionais, académicos, técnicos e persoal da administración, mantén aberto o prazo de envío de resumos, así como o período de inscrición, na ligazón https://www.conftool.pro/aeea2019/ 

 

DATAS CHAVE

Prazo límite para o envío de resumos e propostas de poster (entre 150 e 200 palabras): 1 de febreiro de 2019.

Data límite para aceptación de resumos: 1 de marzo de 2019.

Prazo para o envío das comunicacións en texto completo e pósteres (4 páxinas segundo plantilla): desde a aceptación até o 1 de maio de 2019.

Data límite de resposta aos autores sobre a aceptación das comunicacións: 15 de xuño de 2019.

 

INSCRICIÓN

Período normal de inscricións no Congreso (prezo reducido): até o 30 de xuño de 2019.

Período extraordinario de inscricións: a partir do 1 de Xullo de 2019.

 

ÁREAS TEMÁTICAS

1. Medio ambiente, bioeconomía e cambio climático.

2. Políticas agrarias, alimentarias e comercio internacional.

3. Produción, xestión e organización da empresa.

4. Sistema agroalimentario, cadeas de valor e asociacionismo.

5. Alimentación, consumo e mercadotecnia.

6. Desenvolvemento rural e territorios sustentables.

7. Produción e política forestal.

 

CONTACTO

xii.congreso.aeea [at] usc.es (xii[dot]congreso[dot]aeea[at]usc[dot]es)

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.