Ir o contido principal

O XIII Curso de Primavera do Campus Terra abordará a relación entre cine, televisión e cultura do 3 ao 6 de abril en Humanidades

 El XIII Curso de Primavera del Campus Terra abordará la relación entre cine, televisión y cultura del 3 al 6 de abril en Humanidades
El XIII Curso de Primavera del Campus Terra abordará la relación entre cine, televisión y cultura del 3 al 6 de abril en Humanidades
A relación entre cine, televisión e cultura centra a temática da décimo terceira edición do Curso de Primavera da USC, un foro de debate e divulgación coordinado nesta edición por Mario Sanfiz e que...
Lugo

A relación entre cine, televisión e cultura centra a temática da décimo terceira edición do Curso de Primavera da USC, un foro de debate e divulgación coordinado nesta edición por Mario Sanfiz e que se desenvolverá do 3 ao 6 de abril no salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo.

 

O profesor de Comunicación e Xornalismo Especializado da USC e director da revista Tempos Novos, Luis Álvarez Pousa, abrirá o 3 de abril a quenda de intervencións da primeira xornada do curso, que xirará arredor do cine e a literatura. Televisión e cultura serán os temas sobre os que versarán os relatores programados o mércores 4 de abril no marco do XIII Curso de Primavera da USC, un foro no que distintos especialistas tamén afondarán sobre as ligazóns e interaccións entre cine, cultura e memoria, ao tempo que realizarán unha análise sobre a situación e a evolución do cine e televisión en Galicia.

 

As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición neste curso poderán tramitar a súa matrícula ata o 2 de abril nas oficinas da Área de Cultura da USC no Campus Terra, localizadas no edificio de Vicerreitorías de Lugo. Pódese obter máis información a través do número de teléfono 982 821513 o no enderezo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es).

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.