Ir o contido principal

O XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC distingue as imaxes captadas por Belén Mendaña e Alba Díaz Fernández

 El XXIII Maratón Fotográfico del Campus Terra de la USC distingue las imágenes captadas por Belén Mendaña y Alba Díaz Fernández
El XXIII Maratón Fotográfico del Campus Terra de la USC distingue las imágenes captadas por Belén Mendaña y Alba Díaz Fernández
O Maratón Fotográfico do Campus Terra, un certame promovido polo grupo cinematográfico Fonmiñá en colaboración coa USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, distingue na súa vixésima terceira edición...
Lugo

O Maratón Fotográfico do Campus Terra, un certame promovido polo grupo cinematográfico Fonmiñá en colaboración coa USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, distingue na súa vixésima terceira edición as imaxes captadas por Belén Mendaña del Río, galardoada co Premio Carlos Valcárcel –dotado con 350 euros, trofeo e diploma- por ‘Cando o home gobernaba a máquina’, e Alba Díaz Fernández, que recibiu o premio -250 euros, trofeo e diploma- á mellor fotografía presentada na modalidade de tema libre por ‘Mulleres invisibles’.

 

O xurado encargado de fallar os galardóns deste certame fotográfico acordou, á vista da calidade dos traballos presentados a concurso, a concesión de catro accésits. Alba Díaz Fernández recibiu tamén o primeiro accésit á mellor fotografía do tema Máquinas e persoas, mentres que José Marcos López Álvarez acadou o segundo accésit nesta categoría. O primeiro accésit na modalidade temática libre foi para Breogán Alamancos Millán, mentres que Amalia Gorgoso Pacios colleitou o segundo accésit na modalidade libre.

 

A entrega de premios da vixésima terceira edición do Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC desenvolveuse este mércores no pavillón central do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) de Lugo, no marco dunha sesión na que participaron a vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo,  Carme Silva; a deputada provincial delegada da área de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto; o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez; o fotógrafo lugués Carlos Valcárcel, quen dá nome a un dos premios do certame, e o coordinador do Espazo de Fotografía da USC, Eduardo Ochoa.

 

Unha vez rematada a cerimonia de entrega de premios e diplomas ás persoas participantes na última edición do certame, as autoridades e o público presente procederon á inauguración da mostra dunha escolma dos traballos presentados ao XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC. Esta exposición, que inclúe imaxes de cada un dos 32 participantes que presentaron as súas propostas artísticas a concurso,  permanecerá aberta ao público ata o 18 de xaneiro de 2018 no pavillón central do Centrad.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.