Ir o contido principal

Ofimática e recursos humanos, obxecto de análise na Universidade de Verán da USC no Campus Terra

Ofimática y recursos humanos, objeto de análisis en la Universidad de Verano de la USC en el Campus Terra
Ofimática y recursos humanos, objeto de análisis en la Universidad de Verano de la USC en el Campus Terra
A Universidade de Verán da USC no Campus Terra acolle dous novos cursos na semana do tres de xullo: ‘Ofimatica en proxectos de enxeñaría’ e ‘A xestión dos recursos humanos nas organizacións...
Lugo

A Universidade de Verán da USC no Campus Terra acolle dous novos cursos na semana do tres de xullo: ‘Ofimatica en proxectos de enxeñaría’ e ‘A xestión dos recursos humanos nas organizacións deportivas’. A matrícula nestes cursos pode formalizarse neste enlace ata o 23 de xuño.

 

Baixo a dirección do profesor da USC Martín Barrasa, a Escola Politécnica Superior do Campus Terra acolle entre o 3 e o 6 de xullo o curso ‘Ofimatica en proxectos de enxeñaría’ no que se pretende dar a coñecer distintos programas e aplicacións informáticas de uso habitual no ámbito profesional dos proxectos de enxeñaría, así como presentar e realizar unha primeira achega a distintos software que se utilizan dun xeito xeralizado nas oficinas de proxectos. Consulta aquí o programa completo do curso.

 

A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo acolle entre o 3 o 7 de xullo, baixo a dirección de Mª Teresa Hermo López, o curso ‘A xestión dos recursos humanos nas organizacións deportivas’, o cal pretende ofrecer aos participantes coñecementos relacionados coas organizacións e equipos deportivos no entorno dos Recursos Humanos e as Relacións Laborais. Analizaranse as bases conceptuais sobre grupos e equipos, comunicación, xestión e temática xurídico - laboral no que se desenvolven. Consulta aquí o programa completo do curso. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.