Ir o contido principal

Os primeiros ‘Encontros no Campus Terra’ de 2019 acollen a 260 alumnos e alumnas preuniversitarias

Os primeiros ‘Encontros no Campus Terra’ de 2019 acollen a 260 alumnos e alumnas preuniversitarias
Os primeiros ‘Encontros no Campus Terra’ de 2019 acollen a 260 alumnos e alumnas preuniversitarias
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o coordinador en Lugo do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, Francisco Javier López, presidiron este martes no...
Lugo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o coordinador en Lugo do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, Francisco Javier López, presidiron este martes no auditorio da Facultade de Veterinaria, o acto inaugural da primeira edición dos ‘Encontros no Campus Terra’, correspondente a 2019, e na que 260 mozos e mozas preuniversitarios/as tiveron a oportunidade de visitar o campus da USC situado na cidade de Lugo e especializado no uso sustentable da terra e dos seus recursos.

 

 

O alumnado procedente de dez centros da provincia de Lugo e un de A Coruña, puido escoitar as experiencias de rapaces e rapazas que cursan na actualidade unha titulación de grao en Lugo para, acto seguido, visitar o campus en base a distintos itinerarios deseñados de acordo cos seus gustos.

 

 

Deste xeito, os mozos e mozas preuniversitarias dividíronse polos oito centros que integran o Campus Terra: Facultade de Formación do Profesorado, Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Facultade de Veterinaria, Escola Universitaria de Enfermaría, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Facultade de Humanidades, Escola Universitaria de Relacións Laborais e Facultade de Ciencias. A continuación, tiveron a oportunidade de acudir á Biblioteca Intercentros.

 

O alumnado dos centros Dr. López Suárez de Escairón, Tino Grandío de Guntín, Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo, Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, IES de Becerreá, IES de Monterroso, Illa de Sarón de Xove, María Sarmiento de Viveiro, Val do Asma de Chantada e do IES da Pobra, foi agasallado, á súa chegada, cunha carpeta da USC. Os próximos ‘Encontros no Campus Terra’ terán lugar os días 7 de marzo e 12 de abril, e para os mesmos agárdase a chegada de 620 mozos e mozas procedentes de 14 centros de toda a comunidade. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.