Ir o contido principal

Os servizos do Campus Terra de Lugo dan a benvida ao novo alumnado de grao

Los servicios del Campus Terra de Lugo dan la bienvenida al nuevo alumnado de grado
Los servicios del Campus Terra de Lugo dan la bienvenida al nuevo alumnado de grado
Os servizos da USC no seu Campus Terra de Lugo deron este luns 10 de setembro a benvida ao novo alumnado de grao cunha xornada de acollida na que a través de distintos espazos expositores puideron...
Lugo

Os servizos da USC no seu Campus Terra de Lugo deron este luns 10 de setembro a benvida ao novo alumnado de grao cunha xornada de acollida na que a través de distintos espazos expositores puideron presentar a súa diversa oferta formativa. 

 

 

Patricia González Alonso e José Roberto Lamas Pérez, en representación do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico da USC en Lugo (Cactus) informaron ao alumnado de todas as actividades que acolle o Campus Terra en materia de investigación, valorización e emprendemento.

 

 

Xusto Rodríguez explicoulle ao novo alumnado do campus a actividade que realiza á fronte do servizo de Normalización Lingüística da USC en Lugo. 

 

 

O alumnado interesouse pola ampla e diversa oferta de cursos do Centro de Linguas Modernas no Campus Terra. 

 

 

A directora da Biblioteca Intercentros, Julia Cantalapiedra, explicoulle ao alumnado de primeiro os servizos que presta este centro de vital importancia para o Campus Terra de Lugo.

 

 

Paloma Lugilde, responsable da Oficia de Cultura en Lugo, informou ao alumnado das actividades que están a organizar para este curso que acaba de iniciarse. 

 

 

Oficina de Información Universitaria, Servizo de Orientación e Inserción laboral e Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay compartiron espazo expositor na xornada de benvida ao Campus Terra de Lugo.

 

 

Bárbara Rovira, en representación do Servizo de Relacións Exteriores, informou ao alumnado sobre os programas de intercambio aos que pode acollerse.

 

 

O voluntariado é fundamental na USC, por iso Fátima Teixeiro encargouse de presentar ante o novo alumnado a actividade do Servizo de Participación e Integración Universitaria

 

 

As oficinas de Igualdade de Xénero e de Desenvolvemento Sostible tamén estiveron presentes na xornada de benvida ao Campus Terra de Lugo. 

 

 

O servizo de Deportes compartiu stand coa oficina de Cultura do Campus Terra de Lugo. 

 

 

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidiu a inauguración dunha xornada na que tamén tomou parte o Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o deputado provincial Álvaro Santos, así como os adxuntos á vicerreitora para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, e para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata.

 

 

O acto contou cunha masterclass de baile latino e uns petiscos de benvida. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.