Ir o contido principal

Quince universidades de China, Rusia, Xeorxia e Kazajistán coñecen iniciativas de emprendemento e transferencia de coñecemento no Campus Terra da USC

 Quince universidades de China, Rusia, Georgia y Kazajistán conocen iniciativas de emprendimiento y transferencia de conocimiento en el Campus Terra de la USC
Quince universidades de China, Rusia, Georgia y Kazajistán conocen iniciativas de emprendimiento y transferencia de conocimiento en el Campus Terra de la USC
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, ofreceu este mércores unha recepción institucional na Vicerreitoría de Coordinación da sede...
Lugo

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, ofreceu este mércores unha recepción institucional na Vicerreitoría de Coordinación da sede universitaria luguesa á delegación de máis de 30 representantes dunha quincena de universidades de China, Rusia, Xeorxia e Kazajistán, que están a coñecer iniciativas de emprendemento e de transferencia de coñecemento promovidas ou nas que participa a USC.

 

A visita desta delegación universitaria internacional ao Campus Terra da USC serve de colofón do programa organizado polo Servizo de Relacións Exteriores e a Área de Valorización e Transferencia da USC, orientado a ampliar a capacitación sobre boas prácticas europeas na constitución de spin-offs que botou a andar o luns 27 no Edificio Emprendia de Santiago de Compostela. Esta actividade formativa está financiada ao abeiro do programa Erasmus+ e enmárcase dentro do proxecto UNISON, coordinado pola USC, e a través do que se pretende avanzar cara o establecemento de vínculos científicos e comerciais entre institucións de ensino superior e o eido empresarial a través de spin-off.

 

O vicerreitor Andrés Barreiro aproveitou a visita a Lugo desta delegación universitaria para facerlles unha presentación do proxecto Campus Terra da USC, un programa transversal de especialización, que afecta tanto á súa oferta de docencia como ao labor de I+D+i, encamiñado á valorización sustentable dos valores, produtos e servizos ligados coa terra. Logo deste acto institucional de benvida, no que tamén participaron o xestor de Internacionalización do Campus Terra, Pedro Fiz Rocha; Patricia González Alonso e Emilio Martínez Rivas, da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento; e Alba Cachafeiro Requeijo do Servizo de Relacións Exteriores da USC; os representantes das quince universidades estranxeiras participantes neste programa, tiveron a ocasión de visitar as instalacións da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade) e da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta), cuxas sedes están radicadas na sede universitaria luguesa. Xa en quenda de tarde, a comitiva universitaria internacional desprazouse ata Outeiro de Rei para visitar as instalacións da spin-off Innolact.

 

Do mesmo xeito que nas xornadas anteriores, a presenza deste delegación internacional en Lugo posibilitou transmitir a experiencia da USC no eido do emprendemento e da transferencia de coñecemento a este eido.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.