Ir o contido principal

Representantes de 25 universidades de África e Asia exploran as potencialidades do Campus Terra

Representantes de 25 universidades de África e Asia exploran as potencialidades do Campus Terra
Representantes de 25 universidades de África e Asia exploran as potencialidades do Campus Terra
Unha comitiva integrada por representantes de 25 universidades de África e Asia visitaron este mércores o Campus Terra no marco da terceira edición da Staff Week na USC e ao abeiro do programa...
Lugo

Unha comitiva integrada por representantes de 25 universidades de África e Asia visitaron este mércores o Campus Terra no marco da terceira edición da Staff Week na USC e ao abeiro do programa Erasmus + KA 107. 

 

 

Logo de permanecer dous días en Santiago, os representantes universitarios afroasiáticos visitaron Lugo para coñecer as potencialidades formativas e de I+D das súas escolas e facultades. De feito, os centros universitarios do Campus Terra formarán este curso preto de 40 estudantes e investigadores internacionais chegados de países do Norte de África, Oriente Medio e Asia a través do programa de mobilidade universitaria Erasmus + KA 107.

 

Logo de ser recibidos no edificio Cactus, a comitiva puxo rumbo á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, onde tiveron a oportunidade de coñecer a fondo as súas titulacións así como a actividade desenvolvida pola Plataforma da Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE). A continuación, acudiron á Facultade de Ciencias e á Facultade de Humanidades, onde se uniu á visita o Adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, xunto ao equipo decanal do centro. Tralo xantar na Facultade de Veterinaria, o grupo completou a súa visita a Lugo no Museo Universitario A Domus do Mitreo. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.