Ir o contido principal

Saleta Ameixeiras: “O sentimento Erasmus vai máis alá do tanxible”

Saleta Ameixeiras: “El sentimiento Erasmus va más allá de lo tangible”
Saleta Ameixeiras: “El sentimiento Erasmus va más allá de lo tangible”
O vindeiro 17 de novembro, o Campus Terra da USC celebra, no Auditorio da Facultade de Veterinaria, o seu International Day. Unha xornada na que os estudantes poderán descubrir novos países, xentes...
Lugo

O vindeiro 17 de novembro, o Campus Terra da USC celebra, no Auditorio da Facultade de Veterinaria, o seu International Day. Unha xornada na que os estudantes poderán descubrir novos países, xentes ou costumes nos que poder completar a súa formación e vivir unha experiencia inesquecible. Este foi o caso de Saleta, quen sendo estudante do Campus Terra gozou  dunha bolsa Erasmus en Lisboa, para máis tarde probar sorte en Brasil e Chile a través dun Convenio Bilateral.

 

Campus Terra (C.T.): Por que decidiches cursar parte dos teus estudos fóra do Campus Terra?

Saleta Ameixeiras (S.A.): Todos aqueles coñecidos que foran antes de intercambio contábannos o tan marabillosa que fora a experiencia e o moi difícil que era de explicar se nunca antes experimentaras esa sensación. Foi ese entusiasmo o que me levou a atreverme a vivilo nas miñas propias carnes. E en verdade que se quedaban curtos na definición. O sentimento Erasmus é algo que vai máis aló do tanxible. É un estado de ánimo e é un xeito de ser. A irmandade que creas máis alá das fronteiras, con xente de todas as cores, ideoloxías e intereses é unha sensación impagable. Disto aprendes a ser máis tolerante e aberto de mente pero sen nunca esquecer de onde vés. Escollín en primeiro lugar Lisboa para realizar o Erasmus, e logo estiven tamén en Brasil e Chile con un Convenio Bilateral. A  escolla de Lisboa non foi fácil nun entorno no que che repiten unha e mil veces da importancia de falar inglés, pero guieime polo meu instinto e alma lusófona e alá me fun, para reencontrarme co galego máis internacional, e foi a mellor decisión que puiden ter tomado.

 

C.T.: De que modo esta experiencia contribuíu a mellorar a túa inserción profesional?

S.A.: Na actualidade estou cursando un Máster, para o cal conto cunha bolsa de estudos no que se premiaba o coñecemento de linguas estranxeiras, un bo expediente e un bo cv, todos eles moi relacionados con experiencias no estranxeiro e outras actividades nas que ocupas o teu tempo, máis aló do estritamente académico.

 

C.T.: Por que recomendarías a mobilidade aos actuais estudantes do Campus?

S.A.: Para que descubran o que hai fóra da área de conforto: outras culturas, outras xentes, outros xeitos de vivir... porque non volverán nunca máis a ser o que eran, e porque verán que o planeta Terra é demasiado grande coma para perder o tempo en minucias. Volver coa mochila cargada de momentos, saberes e persoas fará que todo teña valido a pena.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.