Ir o contido principal

Últimos días para inscribirse en Spin2016

Últimos días para inscribirse en Spin2016
Últimos días para inscribirse en Spin2016
O maior evento de emprendemento universitario Spin2016 arranca este xoves en Santiago de Compostela. De inscrición gratuíta e organizado pola RedEmprendia, Spin desprega cada dous anos un completo...
Lugo

O maior evento de emprendemento universitario Spin2016 arranca este xoves en Santiago de Compostela. De inscrición gratuíta e organizado pola RedEmprendia, Spin desprega cada dous anos un completo programa dirixido a emprendedores, estudantes, investigadores académicos, empresas e investidores. O evento inclúe conferencias, marketplace, obradoiros e seminarios, networking... ademais de premios aos mellores proxectos emprendedores e un foro de investimento. Unha oportunidade única para partillar experiencias, mellorar coñecementos ou coñecer as últimas tendencias e tecnoloxías nacidas da investigación universitaria e que teñan chegado ao mercado.

 

Os interesados en asistir a este evento dende o Campus Terra da USC poden enviar un correo electrónico a patricia.gonzalez [at] usc.es (patricia[dot]gonzalez[at]usc[dot]es) para reservar praza de autobús. Os vehículos sairán dende a Facultade de Dirección e Administración de Empresas do Campus Terra o venres 30, ás 7:15h, e o sábado 1 de outubro, ás 8:00h. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.