Ir o contido principal

Un foro de etoloxía clínica veterinaria pon o foco en prácticas habituais de manexo de animais contrarias ao seu benestar

Un foro de etología clínica veterinaria pone el foco en prácticas habituales de manejo de animales contrarias a su bienestar
Un foro de etología clínica veterinaria pone el foco en prácticas habituales de manejo de animales contrarias a su bienestar
A terceira edición do Congreso de Etoloxía Clínica, un foro científico que congregou a pasada fin de semana na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC uns 120 participantes, entre alumnado...
Lugo

A terceira edición do Congreso de Etoloxía Clínica, un foro científico que congregou a pasada fin de semana na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC uns 120 participantes, entre alumnado profesionais veterinarios e adestradores de animais, puxo o foco nas contradicións existentes na actualidade entre algunhas prácticas de manexo, que ademais de responder a pautas tradicionais ou culturais, tamén están socialmente admitidas e o enriquecemento do grao de benestar animal.

 

O foro promovido pola Asociación Universitaria de Etoloxía Clínica Veterinaria Gueca Lugo, centrou a súa temática nesta edición no benestar animal, a fin de buscar fórmulas de enriquecer a súa contorna para conseguir un notable aumento da produción, no caso de animais de abasto, ou unha mellor adaptación nun entorno que en moitos casos se diferencia en grande medida do seu ambiente natural, algo moi a ter en conta nas diversas especies de animais exóticos.

 

Daquela, parte das sesións afondaron en cuestión relativas a un tipo de benestar que na maioría de casos difire totalmente do que está implantado culturalmente. Poderíase mencionar neste senso a xeito de exemplo o uso de ferros implantados na boca do cabalo para a súa doma ou o emprego de gaiolas para as aves de compañía e que dificultan enormemente as súas condutas naturais.

 

Os membros da Asociación Universitaria de Etoloxía Clínica Veterinaria Gueca Lugo salientaron asemade a importancia deste tipo de reunións científicas para os estudantes de Veterinaria, unha titulación universitaria que, na opinión desta asociación estudantil, non presta atención suficiente á disciplina de Etoloxía, do mesmo xeito que tamén sucede coas cuestións ligadas ao benestar animal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.