Unha alumna da EPS do Campus Terra accede á vicepresidencia do Consello de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais de España
A graduada en enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e alumna do Máster Universitario en Enxeñaría Agrónoma na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC María López de la Calle vén de ser...
Lugo
A graduada en enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e alumna do Máster Universitario en Enxeñaría Agrónoma na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC María López de la Calle vén de ser nomeada vicepresidenta do Consello de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais de España (Seiaf) no marco do último encontro de representantes destas enxeñerías desenvolvido en Valencia.
López de la Calle, vogal ata a actualidade neste órgano estudantil que alberga representantes da práctica totalidade de centros universitarios españois que imparten estudos de enxeñaría agronómica e forestal, pasa a formar parte da nova xunta de goberno do Seiaf, da que David Jorge García, da UPV, continúa como presidente.