Ir o contido principal

Unha comitiva do Campus Terra da USC visita o Dairy Campus

Una comitiva del Campus Terra de la USC visita el Dairy Campus
Una comitiva del Campus Terra de la USC visita el Dairy Campus
O xestor de Internacionalización do Campus Terra, Pedro Fiz Rocha, e o profesor da Escola Politécnica Superior, José Manuel Pereira, conforman a comitiva do Campus Terra que ao longo desta semana...
Lugo

O xestor de Internacionalización do Campus Terra, Pedro Fiz Rocha, e o profesor da Escola Politécnica Superior, José Manuel Pereira, conforman a comitiva do Campus Terra que ao longo desta semana visitou o Dairy Campus, dependente da universidade holandesa de Wageningen. A finalidade desta viaxe consistiu en coñecer de primeira man o funcionamento da granxa deste campus que constitúe un dos centros experimentais de referencia no sector lácteo a nivel europeo.

 

A Universidade de Wageningen, da que forma parte o Dairy Campus, é a universidade especializada no eido agroalimentario de maior prestixio internacional, con 10000 estudantes de máis de cen nacionalidades diferentes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.