Ir o contido principal

Unha metodoloxía desenvolvida no Campus Terra define as zonas máis óptimas para aproveitar a enerxía das correntes de marea

Una metodología desarrollada en el Campus Terra define las zonas más óptimas para aprovechar la energía de las corrientes de la marea
Una metodología desarrollada en el Campus Terra define las zonas más óptimas para aprovechar la energía de las corrientes de la marea
A enxeñeira industrial Ángela Vázquez Álvarez vén de desenvolver unha nova metodoloxía para optimizar a selección das zonas de máis interese para o aproveitamento da enerxía das correntes de marea....
Lugo

A enxeñeira industrial Ángela Vázquez Álvarez vén de desenvolver unha nova metodoloxía para optimizar a selección das zonas de máis interese para o aproveitamento da enerxía das correntes de marea. Os resultados desta investigación están recollidos na tese de doutoramento ‘The economics of tidal stream energy: a spatial appoach’, desenvolvida baixo a dirección dos profesores Gregorio Iglesias e Rodrigo Carballo e que vén de presentar na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC.

 

A investigación de doutoramento realizada por Ángela Vázquez responde a estudos realizados en enclaves da costa galega, aínda que os resultados da metodoloxía desenvolvida son aplicables e extrapolables a calquera zona costeira. De feito, a achega realizada por esta enxeñeira industrial respecto á determinación acertada das mellores áreas para o aproveitamento de enerxía das correntes de marea toma como criterios de selección a combinación do custe (analizado por vez primeira desde unha perspectiva espacial) con información respecto doutros usos potenciais do espazo marítimo.

 

O enxeñeiro naval e profesor titular do Departamento de Enxeñaría Naval e Oceánica da Universidade da Coruña José Ángel Fraguela Formoso foi o encargado de presidir o tribunal responsable de avaliar a tese de doutoramento presentada por Ángela Vázquez, un xurado do que tamén formou parte a Andrés Payo García, xeomorfólogo costeiro da British Geological Survey, e a profesora do  Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra, Montserrat Valcárcel, quen actuou como secretaria.

 

O tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Ángela Vázquez Álvarez acordou por unanimidade outorgar a máxima cualificación académica de sobresaínte cum laude a esta investigación de doutoramento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.