Ir o contido principal

XuvenCiencia participa na I Feira de Innovación USC-ABANCA

XuvenCiencia participa na I Feira de Innovación USC-ABANCA
XuvenCiencia participa na I Feira de Innovación USC-ABANCA
A profesora do Campus Terra da USC e coordinadora de XuvenCiencia, Mercedes Novo, participou na I Feira de Innovación USC-ABANCA no marco da cal realizáronse tres experimentos interactivos cos kits...
Lugo

A profesora do Campus Terra da USC e coordinadora de XuvenCiencia, Mercedes Novo, participou na I Feira de Innovación USC-ABANCA no marco da cal realizáronse tres experimentos interactivos cos kits Vitroplant, Aqualab e Photonics Explorer cos que XuvenCiencia forma a docentes de ensino medio na práctica investigadora para que logo podan empregalos nas aulas cos seus alumnos e alumnas.

 

O Kit Vitroplant ‘Multiplicación de árbores por cultivo in vitro’ inclúe actividades educativas para iniciarse no cultivo in vitro de árbores. Pola súa parte, ‘Luz, cor e vida (Kit Photonics Explorer)', desenvolvido no proxecto europeo GoPhoton!, inclúe experimentos con luz e ten sido empregado por máis de 230.000 estudantes na Unión Europea; mentres que ‘Sensores de medida de humidade no solo’ (Kit AquaLab) baséase na realización dun balance hídrico moi sinxelo no solo dunha maceta.

 

 

As V Xornadas XuvenCiencia para profesorado son parte do Proxecto “XuvenCiencia - Fago, logo aprendo” que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (FECYT). Este proxecto ten como obxectivo fundamental achegar a metodoloxía e a práctica investigadora ao alumnado de secundaria e bacharelato a través de kits de experimentación desenvolvidos por investigadores da universidade e baixo a tutorización do profesorado de ensino medio, que conta co apoio do profesorado universitario.

 

A I Feira de Innovación USC-ABANCA achegou á cidadanía ao longo de dúas xornadas celebradas o 27 e 28 de novembro, a oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento da USC e ABANCA, así como a súa aposta decidida por difundir a cultura emprendedora entre os estudantes universitarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.