Ir o contido principal

XuvenCiencia pecha a mellor preinscrición da súa historia con 253 alumnos, 48 máis que na última edición deste campus de verán

XuvenCiencia cierra la mejor preinscripción de su historia con 253 alumnos, 48 más que en la última edición de este campus de verano
XuvenCiencia cierra la mejor preinscripción de su historia con 253 alumnos, 48 más que en la última edición de este campus de verano
A V edición do Campus de Verán XuvenCiencia pechou a mellor preinscrición da súa historia con 253 alumnos/as, 48 máis que na edición de 2016, dos cales só os 135 primeiros/as preinscritos/as poderán...
Lugo

A V edición do Campus de Verán XuvenCiencia pechou a mellor preinscrición da súa historia con 253 alumnos/as, 48 máis que na edición de 2016, dos cales só os 135 primeiros/as preinscritos/as poderán participar no programa divulgativo do Campus Terra, cuxa primeira lista de admitidos/as publicarase este xoves 11 de maio.

 

Unha vez publicada a primeira listaxe, os aspirantes poderán formalizar a súa matrícula na web de XuvenCiencia entre o 11 e o 17 de maio. A maior parte do alumnado preinscrito procede da provincia de Lugo (95), seguida de A Coruña (69), Pontevedra (57) e Ourense (15). Este ano, produciuse un forte incremento do alumnado dende fóra de Galicia, concretamente, dende as provincias de Madrid, Burgos, Huesca, Ávila, Barcelona, Girona, Murcia, Toledo e Zaragoza. Ademais, na presente edición tamén solicitaron inscrición estudantes procedentes das cidades portuguesas de Porto e Braga.

 

Este campus de verán, que terá lugar entre o 2 e o 8 de xullo, e que está orientado a estudantado preuniversitario de 4º de ESO e Bacharelato, presenta un ameno programa de aprendizaxe e convivencia, a través do que se busca dar a coñecer á mocidade preuniversitaria os distintos itinerarios formativos que poden cursan nas seis facultades e escolas do Campus Terra, así como nos dous centros adscritos: Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Enfermaría.

 

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o campus de verán Xuvenciencia Lugo 2017 presenta un módulo para veteranos, ao tempo que brinda servizo de aloxamento desde a noite do 2 de xullo ata o 8 de xullo, para poder gozar das actividades programadas polos monitores da A.D.C. Lumieira Lugo. A presente edición aspira, como primordial obxectivo, a impulsar a convivencia. Por este motivo, ofertáronse prazas con aloxamento para que todo o alumnado interesado poda aprender a convivir cos seus futuros/as compañeiros/as de carreira. Ademais, este proxecto de divulgación científica conta con máis de 104 eventos programados e está avalado pola participación duns 146 docentes da USC e outro persoal de apoio.

 

O V Campus de Verán XuvenCiencia iniciarase coa celebración dunha charla divulgativa a cargo do físico Cibrán Santamarina, quen fixo o seu doutoramento no CERN, onde sigue a colaborar na actualidade, co título “Elemental, querido Schrödinger”. Santamarina traballa no departamento de Física de Partículas da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.