A situación de emerxencia á que nos enfrontamos urxe un sólido compromiso que gravite sobre o coñecemento científico e tecnolóxico, pero eticamente guiado, dos retos que deben canalizar o desenvolvemento sustentable. A Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable foi aprobada pola ONU no ano 2015, estrutura os grandes retos globais en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, unha proposta que interpela aos estados, ás institucións públicas, ao sector privado e á cidadanía. Neste marco, a investigación e a transferencia teñen un papel determinante no liderado de procesos de transición cara unha nova mirada onde a sustentabilidade sexa a premisa básica. As diferentes etapas de desenvolvemento dunha tese de doutoramento implican un proceso de aprendizaxe sobre os procedementos de investigación e a posibilidade de abrir unha fonda reflexión sobre os fins e as achegas de cada traballo. Por todo isto, o curso pretende abrir un ámbito de reflexión sobre a inclusión da sustentabilidade, a cooperación internacional e, de ser o caso, os ODS nos traballos de tese que se estean a realizar. A tarefa final está encamiñada a analizar as capacidades de cada investigación neste ámbito. O curso está organizado do convenio entre a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento e Cooperación Galega (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia).
Localización
ONLINE
Modalidade
Telemática
Duración
Horas presenciais: 12
Total: 12
Matrícula na actividade
22/10/2024 - 29/10/2024
Desenvolvemento da actividade
05/11/2024 - 15/11/2024
Profesor/a
Silvana Longueira Matos
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Investigación e innovación responsable. Implicacións no marco da sustentabilidade e a cooperación in | En liña | 5, 6, 12 e 13 de novembro de 2024; 15 de novembro: entrega da tarefa final | 16:00-18:00 h. |
- Coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións nos procesos de xeración de coñecemento.
- Evidenciar a necesidade de traballar pola sustentabilidade a través da transferencia de coñecemento derivado dos procesos de investigación. A Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Educación para a Cidadanía Global.
- Achegarse á investigación e á innovación responsables.
- Valorar as achegas e implicacións do traballo de investigación na cooperación internacional.
- Desenvolver unha proposta de inclusión da sustentabilidade no traballo de tese que se estea realizando.
- A problemática: unha crise socio ambiental mundial.
- O Desenvolvemento Sustentable. Enfoques, achegas e transicións.
- Unha estratexia global cara ao desenvolvemento sustentable. A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os ODS.
- A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.
- A Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Cidadanía Global.
- O Índice de Coherencia (Indico)
- A Universidade e o seu papel no camiño cara a sustentabilidade.
- Integración da sustentabilidade na investigación. Os ODS na tese de doutoramento.
Metodoloxía e temporalización:
- O curso realizarase en liña cunha dedicación de 12 h. por parte de cada participante.
- Proponse unha temporalización de 2 semanas con 4 sesións síncronas de 2 horas e 4 horas máis de traballo persoal.
- Cada participante entregará unha tarefa final realizada individualmente que identifique no seu traballo de tese os aspectos aliñados coa sustentabilidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.
- O curso desenvolverase nas seguintes datas:
5 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). Silvana Longueira Matos
6 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). María José Bautista-Cerro Ruiz
12 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). María Luisa Gil Payro
13 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). Silvana Longueira Matos
15 de novembro Entrega da tarefa final
María José Bautista-Cerro Ruíz (UNED)
Licenciada en Ciencias Políticas y Sociología por la UCM, Doctora en Pedagogía por la UNED (Premio Extraordinario), es Profesora del Departamento de Teoría de la Educación y Pedagogía Social de la UNED en las siguientes asignaturas: Educación Ambiental (Grado en Educación Social y Grado en Ciencias Ambientales) y Desarrollo Sostenible: implicaciones educativas (Grado en Pedagogía). Vicerrectora adjunta de Diseño Metodológico e Innovación entre 2017 y 2019, en la actualidad ejerce como Vicedecana de Ordenación Académica, Sostenibilidad y Calidad de la Facultad de Educación (UNED).
Es coordinadora de la Cátedra UNESCO de Educación Ambiental y Desarrollo ha presidido el Grupo de Trabajo de Sostenibilización Curricular de la Comisión Sectorial CRUE-Sostenibilidad hasta el 2020. Además, forma parte del Grupo de Investigación “Educación Ambiental y Desarrollo Sostenible: EDUCAMDES” (G35Edu14) y ha participado y dirigido el Grupo de Innovación docente “Competencias para la sostenibilidad en la Educación Superior” ES-COMSOS (GID 2016-37), así como diversos proyectos de innovación educativa encaminados a mejorar la experiencia de los estudiantes en las asignaturas de los Grados y también a introducir y probar elementos de sostenibilización curricular en diversos cursos.
María Luisa Gil Payno (Economía sin Fronteras e UCM)
Doctora en Economía y Empresa por la Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) y Licenciada en Economía por la Universidad de Cantabria, con un Máster en Cooperación Internacional y Desarrollo por el Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación (IUDC) de la Universidad Complutense de Madrid, y un M.A. en Comercio Internacional e Integración Europea del programa Joint European Studies (Staffordshire University, Free University of Brussels, University of Antwerp-RUCA, University of Prague, Université degli Studi di Bari y Universidad de Cantabria).
Con más de 20 años de experiencia en Economistas sin Fronteras, promoviendo otras formas de entender y practicar la economía. Además, formo parte del Colectivo La Mundial, especializado en formación, investigación, divulgación y consultoría sobre alternativas de desarrollo global, derechos humanos y sostenibilidad. Desde 2017, coordino el Índice de Coherencia de Políticas para el Desarrollo (ICPD) en la Coordinadora Estatal de ONGD.
Profesora Asociada en el Departamento de Economía Aplicada, Estructura e Historia de la Universidad Complutense de Madrid, donde imparto las asignaturas de Economía Mundial y Desigualdad y Cooperación al Desarrollo y en la Universidad Pontifica de Comillas, donde imparto la asignatura de Economía social.
Silvana Longueira Matos (Coord.). Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Doutora en Pedagoxía. Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e membro do Grupo de Investigación Terceira Xeración (TeXe) da Universidade de Santiago de Compostela, integrado Rede Iberoamericana de Pedagoxía (REDIPE). As súas liñas de investigación céntranse en artes e educación e na Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Cidadanía Global. Coordinou o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC (2014-2022), forma parte do Grupo de Traballo de Sostibilización Curricular de Crue-Universidades, membro do Grupo de Traballo de Educación para o Desenvolvemento do Consello Estatal de Cooperación do Ministerio de Asuntos Exteriores Unión Europea e Cooperación (2018-2022) e membro do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Xunta de Galicia).