Ir o contido principal

Política de Calidade

O Sistema de Garantía de Calidade da Escola ten como obxectivo garantir a calidade de todas as titulacións mediante a actualización constante da oferta académica e a mellora continua dos programas formativos para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese.

Para garantir un compromiso e atención sistemática, estruturada e continua á calidade, en termos de mantemento e mellora continua das titulacións que se imparten no centro:

  • Identifica as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese
  • Identifica os procesos necesarios para o sistema de xestión de calidade e a súa aplicación para dar resposta ás necesidades dos grupos de interese.
  • Determina a secuencia e interacción destes procesos.
  • Determina os criterios e métodos necesarios para asegurar que tanto a operatividades coma o seguimento destes procesos sexan eficaces e satisfagan as necesidades dos grupos de interese.
  • Asegura a dispoñibilidade de recursos e información necesarios para apoiar a operatividade e o seguimento destes procesos.
  • Realiza o seguimento, a medición e a análise destes procesos.
  • Implanta as accións necesarias para alcanzar os obxectivos planificados e mellorar continuamente os seus procesos para satisfacer as necesidades dos grupos de interese.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2020.