A primeira titulación impartida foi a hoxe extinguida Diplomatura en Relacións Laborais. Desde o curso 2009-2010, coa integración no sistema do Espazo Europeo de Educación Superior, implántase o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
A Escola Universitaria de Relacións Laborais nace grazas á Fundación Campus Universitario de Lugo, entidade creada no ano 1995, que foi impulsada pola Deputación de Lugo, a Confederación de Empresarios de Lugo e a Cámara de Comercio, ás que se uniu despois a Universidade de Santiago de Compostela. O fin primordial da Fundación foi promocionar e colaborar na consecución dos obxectivos que establecera o Campus Universitario de Lugo, poñendo todos os medios necesarios para a devandita consecución e incluso dotándoo de novas metodoloxías e actividades.