Ir o contido principal

TFG

As ensinanzas de Grao conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo fin de grao (TFG) que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. 

O TFG orientados á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitación para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

TFG en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Traballos de Fin de Grao do centro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2023.