O principio de igualdade e non discriminación por razón de xénero no ámbito laboral.
Autoría
A.C.I.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)

Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
Ao longo da historia, as mulleres tiveron acceso limitado ao traballo debido a normas sociais e económicas e a unha estrutura patriarcal que perpetúa roles discriminatorios. Aínda que houbo avances nas últimas décadas, persisten desigualdades como a brecha salarial e a falta de mulleres en postos de decisión. Este estudo analiza a discriminación de xénero que seguen enfrontando as mulleres nas súas carreiras. Tamén destaca que para eliminar a discriminación e lograr igualdade laboral necesítase un compromiso colectivo que inclúa medidas lexislativas, sociais e económicas, así como educación e concienciación.

Dirección
Vilanova Da Costa, Diego (Titoría)
Vilanova Da Costa, Diego (Titoría)
Tribunal
Baamonde Méndez, Josefina María (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Vogal)

A desigualdade de xénero no mundo laboral
Autoría
E.C.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
E.C.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
O traballo profundiza nas desigualdades de xénero no ámbito laboral, cunha análise das barreiras e oportunidades existentes, tratando temas como a fenda de xénero, os diferentes tipos desta, como son a fenda salarial, de participación e intensidade laboral, do acceso a postos de liderado, a educativa e do uso do tempo e roles familiares. Ademais, concretaremos algunhas problemáticas da actualidade como son o chamado teito de cristal e o chan pegañoso, ambos ligados ás fendas de xénero existentes. Para comprender esta problemática, analízanse gráficas estatísticas do INE así como varias empresas que son exemplos de boas prácticas que demostran a implicación por reducir estas fendas. Finalmente, propóñense medidas como a transparencia salarial, procesos de selección e promoción sen sesgos de xénero, programas de formación, cultura empresarial inclusiva, accións que fomenten a conciliación laboral e familiar, empoderamento e visibilidade das mulleres e a eliminación de estereotipos e discriminación, todo isto co obxectivo de lograr unha igualdade efectiva e sostible no ámbito laboral. O estudo aborda os distintos problemas que afrontan as mulleres no mercado laboral, coa intención de dar visibilidade a esta problemática e así sensibilizar e lograr un cambio de mentalidade na sociedade actual. Este traballo non só expón os desafíos, senón que tamén recalca a importancia de tratar esta cuestión desde unha perspectiva ética, económica e social, ofrecendo propostas concretas para avanzar cara a un futuro máis inclusivo.

Díaz Alonso, Rosa (Titoría)
Díaz Alonso, Rosa (Titoría)
Tribunal
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Salazar Torres, Jackiline Brígida (Vogal)

O papel das habilidades brandas no liderazgo
Autoría
M.F.L.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.F.L.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao examina o papel que desempeñan as habilidades brandas na lideranza dentro do entorno organizacional actual. Nun contexto marcado pola globalización, a dixitalización e a crecente complexidade dos ambientes laborais, estas competencias persoais e sociais consolidáronse como elementos clave para unha lideranza efectiva, superando a visión tradicional centrada unicamente nas capacidades técnicas. O obxectivo principal é demostrar que habilidades como a intelixencia emocional, a comunicación asertiva, a empatía, a adaptabilidade ou o traballo en equipo son fundamentais para xestionar persoas, promover ambientes colaborativos e fortalecer a cultura organizacional. Para iso, o traballo estrutúrase en varios capítulos que abordan a evolución do concepto de lideranza, os estilos contemporáneos baseados en valores humanos e o impacto destas competencias no desempeño dos equipos. Así mesmo, preséntanse dous estudos de caso sobre as empresas Unilever e IBM, que implementaron programas específicos para o desenvolvemento de habilidades brandas nos seus líderes. Os resultados evidencian melloras na motivación, a retención do talento, a innovación e a satisfacción dos empregados, o que confirma o valor estratéxico destas competencias en contextos corporativos reais. En conxunto, este traballo conclúe que a lideranza do século XXI debe ir máis alá da autoridade formal e apostar por un enfoque emocionalmente intelixente, ético e centrado nas persoas. As habilidades brandas non só complementan as capacidades técnicas, senón que se configuran como un alicerce indispensable para a sostibilidade, a innovación e a adaptación organizacional en ambientes cada vez máis esixentes e dinámicos.

GOMEZ BARREIRO, MARIA (Titoría)
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Titoría)
Tribunal
Salazar Torres, Jackiline Brígida (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Díaz Alonso, Rosa (Vogal)

O accidente laboral “in itinere”, concepto xurídico e xurisprudencial
Autoría
M.J.G.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.J.G.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
Dada a curta definición que a normativa dá dun accidente de tránsito, é preciso contar cunha interpretación xurisprudencial, tanto por parte do Tribunal Supremo como dos Tribunais Superiores de Xustiza, para a súa consideración, analizando cuestións como o medio de transporte usado para tal fin, o enderezo ao que se dirixe, o percorrido e o tempo empregado no desprazamento do traballo ao domicilio e viceversa, excluíndo a imprudencia e os actos de terceiros para os efectos de tal determinación.

GARCIA ROJO, ANTONIO (Titoría)
GARCIA ROJO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
Vilanova Da Costa, Diego (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Vogal)
Vilanova Da Costa, Diego (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Vogal)
xestión do talento
Autoría
A.L.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
A.L.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
A xestión do talento converteuse nun elemento fundamental para o éxito e a sustentabilidade das organizacións. O éxito dunha organización depende da súa capacidade para atraer, desenvolver, motivar e reter persoas con potencial. Para xestionar o talento, ademais de realizar tarefas administrativas, tamén é importante deseñar políticas que recoñezan os empregados como recursos clave para o crecemento da organización. Este proxecto de fin de grao analiza a xestión do talento humano, que é unha das estratexias máis importantes no ámbito empresarial. Tamén proporciona unha análise estruturada para comprender e explicar como as organizacións actuais xestionan o talento, é dicir, identifican, desenvolven, motivan e reten as persoas con maior potencial. O talento é o activo máis importante de calquera organización e a súa axeitada xestión é crucial para que as organizacións medren, teñan éxito, sexan produtivas e competitivas nun mundo globalizado e competitivo. A análise práctica de diferentes estratexias implementadas por empresas como MAPFRE, Indra e Repsol permítenos observar como a teoría se traduce en decisións concretas dentro do ámbito empresarial. A partir desta análise, pódense comparar os modelos actuais de xestión do talento coas súas aplicacións na vida real.

A dixitalización da función dos RR.HH.
Autoría
M.L.N.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.L.N.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 12:30
09.07.2025 12:30
Resumo
Este traballo analiza o proceso de dixitalización no ámbito dos Recursos Humanos, describindo os seus beneficios, dificultades e ferramentas principais como a automatización de procesos, a intelixencia artificial ou os sistemas de xestión documental. Ademais, preséntanse casos prácticos de empresas españolas que implementaron con éxito estes procesos. A dixitalización en RR.HH. permite unha xestión máis eficiente do talento humano, mellora a produtividade e contribúe ao desenvolvemento organizativo.

Plan de creación e implementación da Área de Recursos Humanos en Aira S.C.G
Autoría
M.M.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.M.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 13:00
09.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo o deseño e implantación dun departamento de recursos humanos na cooperativa agrogandeira AIRA-SCG, situada en Galicia. A entidade conta con máis de 330 empregados distribuídos en 16 delegacións, ademais de varias fábricas, entre as que se inclúen unha fábrica de pensos, unha planta láctea e unha planta de mestura húmida. O proxecto baséase nunha análise detallada da situación actual para propoñer unha estrutura organizativa eficiente que dea resposta ás necesidades do persoal e da organización.
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo o deseño e implantación dun departamento de recursos humanos na cooperativa agrogandeira AIRA-SCG, situada en Galicia. A entidade conta con máis de 330 empregados distribuídos en 16 delegacións, ademais de varias fábricas, entre as que se inclúen unha fábrica de pensos, unha planta láctea e unha planta de mestura húmida. O proxecto baséase nunha análise detallada da situación actual para propoñer unha estrutura organizativa eficiente que dea resposta ás necesidades do persoal e da organización.
Dirección
Díaz Alonso, Rosa (Titoría)
Díaz Alonso, Rosa (Titoría)
Tribunal
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Salazar Torres, Jackiline Brígida (Vogal)
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Salazar Torres, Jackiline Brígida (Vogal)
A prestación de viuvez: presente, futuro e relación con outros países da comunidade Europea
Autoría
I.M.M.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
I.M.M.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 11:30
09.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo o análise da prestación de viuvez dentro do sistema da Seguridade Social español, destacando a súa normativa, o acceso a ela, a contía e a evolución lexislativa. Respecto a evolución, mencionaranse as leis maís destacadas desde a Lei de Accidentes do 1900 ata a Lei actual, RD 8/2015. Ademáis, existe unha nova modalidade de convivencia, as parellas de feito, onde a parellaa supérstite poderá ser beneficiaria da pensión de viuvez, cumprindo certos requisitos. Tamén se desenvvolverá a prestación de viuviez en diferentes países que componen a Unión Europea, analizando así os distintos tipos de pensións que atopamos na comunidade europea. Destacando Italia, Francia e Alemaña como países asimilables ao modelo español, mentres que os países nórdicos, como Dinamarca, Suecia y Holanda, serán analizados como modelos alternativos e con diferenzas máis salientables respecto do modelo español. Por outro lado, abordaránse pequenas problemáticas que afectarán a esta prestación, como a sustentabilidade financieira, a adecuación das novas estruturas familiares e a desigualdade de xénero. Hoy en día, a prestación de viuvez evolucionou debido ós cambios na sociedade e a evolución das leis, axustándose estas á situación actual de España.

O Absentismo Laboral desde a Dirección de Persoas
Autoría
L.P.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
L.P.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 10:30
09.07.2025 10:30
Resumo
O absentismo laboral é un grave problema que impacta de forma negativa nas empresas deteriorando o ambiente laboral, diminuíndo a súa produtividade, xerando importantes perdas económicas e danando a súa imaxe e reputación. As empresas non son as únicas prexudicadas, xa que o absentismo ten tamén efectos negativos sobre a saúde emocional dos traballadores e pode xerar desmotivación e frustración. Ademais, a sobrecarga de traballo que deben asumir os compañeiros xera mal ambiente empresarial e incluso risco de acoso laboral. Neste traballo fin de grao analízanse os diferentes tipos de absentismo e as súas causas, en moitos casos relacionadas con problemas de saúde física ou emocional, falta de motivación ou problemas de conciliación entre a vida laboral e persoal. O absentismo provoca consecuencias como a paralización ou ralentización do ritmo de traballo, o incumprimento de prazos de entrega, unha maior rotación de persoal e unha perda de reputación corporativa que afectan negativamente á estratexia de employer branding e aos resultados da empresa. Este estudo céntrase en analizar diferentes medidas para reducir a ausencia laboral, como a implementación de programas de saúde e benestar, a facilitación da conciliación da vida laboral e personal, o apoio ou a capacitación continua dos traballadores, entre outras.A aplicación de medidas para reducir a ausencia pode ter un impacto positivo no clima laboral, na saúde e benestar dos traballadores e na produtividade empresarial.

Xestión do Cambio Dixital nos Recursos Humanos
Autoría
M.I.R.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.I.R.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 13:30
09.07.2025 13:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo abordar a influencia da transformación dixital na xestión de Recursos Humanos. Atopámonos nun contexto de desenvolvemento da dixitalización, que obriga ás organizacións a cambiar todos os niveis e aspectos en favor de novos métodos e tecnoloxías. Polo tanto, o obxectivo principal deste traballo é analizar como a dixitalización inflúe na estrutura e os procesos de Recursos Humanos, así como os principais factores que inflúen no éxito da dixitalización e as metodoloxías e ferramentas que facilitan o proceso. Para conseguilo, este traballo realiza unha revisión teórica que introduce o contexto a través do cambio dixital e a transformación organizativa. A continuación, presenta os factores críticos de éxito para a dixitalización dos recursos humanos e analiza diferentes metodoloxías e ferramentas tecnolóxicas que a fomentan. Finalmente, preséntanse estudos de caso que exemplifican o enfoque na práctica laboral de diferentes organizacións, o que mellora a percepción aplicada dos conceptos teóricos.

Análise da evolución da oferta e demanda da vivenda en España
Autoría
M.R.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.R.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 14:00
09.07.2025 14:00
Resumo
O sector da vivenda sufriu grandes transformacións ao longo destas dúas últimas décadas. A época de expansión crediticia que derivou nunha crise social e económica provocou cambios na estrutura do mercado que perduran ata hoxe. Por iso é necesario entender que motivou a creación desa burbulla e se é posible que se repita. A recente pandemia da Covid-19, aínda que tivo un menor impacto no mercado da vivenda ao non concentrarse unha gran parte do PIB neste sector, tamén supuxo cambios notables. Esta análise permítenos facer unha radiografía xeral da situación da vivenda en España a través do estudo de diversos factores e indicadores económicos como poden ser a suba de prezos, a vivenda protexida, o desequilibrio existente entre oferta e demanda ou o impacto das políticas públicas. Por outra banda, analízanse tendencias do sector que nos amosan como será o parque de vivendas no futuro próximo, como a dixitalización, a construción sustentable e a regulación do mercado. Ofrécese unha visión global do estado actual do mercado residencial en España, centrando nas consecuencias das decisións tomadas ao longo do tempo que conformaron o parque de vivendas actual, o papel que tivo a especulación inmobiliaria e os novos cambios que definirán o futuro.

Rivas Costa, Javier (Titoría)
Rivas Costa, Javier (Titoría)
Tribunal
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Salazar Torres, Jackiline Brígida (Secretario/a)
Díaz Alonso, Rosa (Vogal)
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Salazar Torres, Jackiline Brígida (Secretario/a)
Díaz Alonso, Rosa (Vogal)
Caso “As Seis de La Suiza”, un obstáculo ao sindicalismo?
Autoría
M.R.V.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.R.V.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 12:30
09.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten por obxecto analizar se as actuacións realizadas polos acusados no caso “As Seis da Suíza” son de carácter sindical e, por tanto, a sentenza que os condena a prisión produce unha vulneración deste dereito fundamental. Para este proxecto realizouse unha análise cualitativa doctrinal recompilando, mediante unha busca exhaustiva de leis, artigos e sentenzas que poidan achegarnos unha visión máis ampla sobre o que engloba a liberdade sindical. Datos que nos poidan axudar a cumprir o obxectivo de comprender o porqué do fallo da sentenza que estamos a analizar, a STS 3424/2024, 19 de xuño. Con este estudo púidose observar que o fallo da sentenza atópase xustificado e non supón unha vulneración do dereito fundamental recollida na Constitución Española de sindicación, o cal é un dos piares do noso Dereito Laboral. Desta maneira, o motivo que leva a descartar que as accións se atopan dentro do dereito sindical, é que dentro das reclamacións que realizaban os condenados ao empresario atopábase entre elas unha completamente allea á relación laboral, a retirada por parte do empresario dunha denuncia cara á parella sentimental da traballadora.
O presente Traballo de Fin de Grao ten por obxecto analizar se as actuacións realizadas polos acusados no caso “As Seis da Suíza” son de carácter sindical e, por tanto, a sentenza que os condena a prisión produce unha vulneración deste dereito fundamental. Para este proxecto realizouse unha análise cualitativa doctrinal recompilando, mediante unha busca exhaustiva de leis, artigos e sentenzas que poidan achegarnos unha visión máis ampla sobre o que engloba a liberdade sindical. Datos que nos poidan axudar a cumprir o obxectivo de comprender o porqué do fallo da sentenza que estamos a analizar, a STS 3424/2024, 19 de xuño. Con este estudo púidose observar que o fallo da sentenza atópase xustificado e non supón unha vulneración do dereito fundamental recollida na Constitución Española de sindicación, o cal é un dos piares do noso Dereito Laboral. Desta maneira, o motivo que leva a descartar que as accións se atopan dentro do dereito sindical, é que dentro das reclamacións que realizaban os condenados ao empresario atopábase entre elas unha completamente allea á relación laboral, a retirada por parte do empresario dunha denuncia cara á parella sentimental da traballadora.
Dirección
Vilanova Da Costa, Diego (Titoría)
Vilanova Da Costa, Diego (Titoría)
Tribunal
Baamonde Méndez, Josefina María (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Vogal)
Baamonde Méndez, Josefina María (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Vogal)
Concepción Arenal e a súa contribución ao traballo nas cárceres no século XIX.
Autoría
V.R.T.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
V.R.T.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 09:00
09.07.2025 09:00
Resumo
O traballo analiza o pensamento de Concepción Arenal sobre o sistema penitenciario español do século XIX, destacando o seu enfoque humanista e a súa aposta pola reinserción a través do traballo e da educación. A pesar das barreiras iniciais, as súas propostas sentaron as bases de reformas posteriores e influíron no desenvolvemento da xustiza restaurativa en España.

Cobo Carrasco, María Mercedes (Titoría)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Titoría)
Tribunal
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Díaz Alonso, Rosa (Vogal)
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Díaz Alonso, Rosa (Vogal)
O impacto da intelixencia artificial no futuro do traballo: un estudo sobre a substitución e creación de emprego.
Autoría
T.A.S.C.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
T.A.S.C.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 09:30
09.07.2025 09:30
Resumo
Ao longo deste traballo de fin de grao, leva a cabo unha ampla análise sobre o impacto que ten a intelixencia artificial no futuro do emprego. O obxectivo xeral do estudo pretende analizar o impacto da Intelixencia Artificial no emprego desde unha perspectiva de relacións laborais, concretando sectores que se atopan en risco como as oportunidades laborais que poden darse. Así mesmo a contribución deste estudo é a de dar unha visión da realidade actual que acontece no emprego situándoo dentro de Galicia e España. Este traballo pretende analizar o impacto da Intelixencia Artificial no emprego desde unha perspectiva de relacións laborais, identificando sectores e perfís de profesionais en risco de automatización, explorando as oportunidades laborais emerxentes vinculadas á Intelixencia Artificial, analizando a normativa vixente sobre intelixencia artificial e dereitos laborais e finalmente avaliando as medidas de adaptación para traballadores e empresas. A investigación baséase nunha metodoloxía aplicada levada a cabo por unha investigación cualitativa e descritiva, onde utilizamos análise documental de informes técnicos, normativa ou referencias académicas baixo un enfoque xeográfico centrado en Galicia e España. Desta maneira podemos dicir que a IA pode substituír tarefas rutineiras de diversos sectores afectando a colectivos de risco, pero poden crear novos empregos. Para iso a formación continua, a reciclaxe profesional e as políticas públicas son importantes para superar as barreiras que puidesen xurdir.

Salazar Torres, Jackiline Brígida (Titoría)
Salazar Torres, Jackiline Brígida (Titoría)
Tribunal
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Díaz Alonso, Rosa (Vogal)
GOMEZ BARREIRO, MARIA (Presidente/a)
Rivas Costa, Javier (Secretario/a)
Díaz Alonso, Rosa (Vogal)
Bonificacións fiscais e a súa influencia na política de contratación
Autoría
M.J.S.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.J.S.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
09.07.2025 13:00
09.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo ten por obxectivo a análise dos distintos incentivos tributarios e bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social que o ordenamento xurídico español pon a disposición dos empresarios no momento de contratar traballadores. En particular, examínase como ditos incentivos contribúen á mellora do emprego e á inclusión laboral de colectivos especialmente vulnerables tales como mozos, persoas con discapacidade, desempregados de longa duración, maiores de 45 anos ou mulleres vítimas de violencia de xénero. Por isto, abórdanse tanto os aspectos teóricos das bonificacións fiscais no ámbito laboral español coo a súa repercusión práctica na decisión empresarias no contexto do mercado e traballo analizando o impacto que ten sobre o comportamento empresarial e sobre a estabilidade e calidade do emprego xerado. O sistema de incentivos á contratación intégrase dentro do conxunto de políticas activas de emprego, constituíndo un dos principais mecanismos de intervención do Estado para facer fronte aos desequilibrios do mercado laboral. A través destas medidas, preténdese non só fomentar a creación de emprego en termos cuantitativos, senón tamén promover un mercado de traballo máis equitativo e inclusivo, orientando a contratación cara a perfís que tradicionalmente foron excluídos ou pouco representados.

DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Titoría)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Titoría)
Tribunal
Vilanova Da Costa, Diego (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)