O SGC da Escola Universitaria de Relacións Laborais contempla o deseño da oferta formativa, a avaliación e revisión do seu desenvolvemento, e mais a toma de decisións para a mellora continua. Así mesmo, recolle a planificación dos obxectivos a acadar, de acordo coa estratexia da universidade e da propia Escola, e a revisión periódica do funcionamento do sistema para garantir a súa utilidade para todos os grupos de interese.
O Sistema de Garantía de Calidade da Escola abrangue todas as titulacións oficiais e as súas accións atinxen a toda comunidade do centro: alumnado, docentes e PAS.