Estas colaboracións abranguen desde a programación de visitas á empresa ata a realización de prácticas profesionais das diferentes formacións, pasando pola realización de xornadas, certames e eventos de interese no noso sector.
Para manter activa a nosa carta de servizos, a Escola conta coa axuda dun sistema de financiamento composto por tres partes: a Escola, grazas ao seu alumnado; a USC como organismo público coordinador; e as empresas como entes privados colaboradores coa Fundación Campus Universitario de Lugo, á que pertence a nosa Escola. Grazas a eles, é posible sumar forzas para seguir ofrecendo mellores servizos día a día.
Moitas das empresas colaboradoras ofertan prácticas profesionais ao alumnado da escola, incluíndo, nalgúns casos, unha bolsa de axuda ao estudo.