Fracaso empresarial e análise contable en empresas hoteleiras.
Autoría
R.Q.C.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira

Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de máster ten como obxectivo a análise do fracaso empresarial en empresas turísticas españolas do sector hoteleiros cun enfoque descritivo. O traballo organízase en tres bloques. Un primeiro bloque presenta unha revisión da literatura académica sobre o fracaso empresarial, co obxectivo de definilo e identificar as principais variables e metodoloxías que se utilizaron para o estudo. O segundo bloque do traballo presenta un estudo descritivo do fracaso empresarial en hoteis españois utilizando o Z de Altman (1968) e o Z-Score durante o período 2018-2022. Para elo, analízase unha mostra deste tipo de empresas españolas obtida través da base de datos SABI. Ao mesmo tempo, realízase un estudo separado do fracaso nas tres principais empresas hoteleiras españolas, a saber, Hoteles Turísticos Unidos, S.A., Minor Hotels Europe and América, S.A. y Meliá Hotels International, S.A. O terceiro e último bloque de traballo, presenta unha análise de información contable de natureza tanto financeira como non financeira, co obxectivo de completar a análise do fracaso empresarial abordado nos dous bloques anteriores. A modo de síntese, este traballo conclúe que, no período analizado, o fracaso empresarial é un fenómeno presente e importante que convén analizar, máxime ao considerar a gran relevancia deste sector na economía española. Ademais, os resultados obtidos trala análise do fracaso indican que unha porcentaxe importante das empresas españolas do sector hoteleiro analizadas se encontra en situación de elevado risco de quebra ou de posibles problemas financeiros. Non obstante, este resultado está en liña co forte período de crise que tiveron estas empresas durante a pandemia por COVID-19 e que é considerado dentro do horizonte temporal avaliado neste traballo (2018-2022).

Dirección
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
Tribunal
CANTORNA AGRA, SARA (Presidente/a)
GARRIDO RUSO, MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Vogal)
CANTORNA AGRA, SARA (Presidente/a)
GARRIDO RUSO, MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Vogal)
A economía circular na perspectiva da historia do pensamento económico
Autoría
T.B.C.
Máster Universitario en Economía
T.B.C.
Máster Universitario en Economía
Data da defensa
14.02.2025 09:30
14.02.2025 09:30
Resumo
A economía circular é un modelo teórico que busca minimizar o consumo de recursos, residuos e emisións, promovendo a reutilización e a reciclaxe. Esta investigación examina a evolución da teoría da economía circular e a súa relación co pensamento económico, avaliando as converxencias e diverxencias cos modelos económicos tradicionais. Dúas tendencias principais emerxen: a economía ambiental, baseada na economía neoclásica (Ayres e Kneese), e a economía ecolóxica, con achegas alternativas de Georgescu-Roegen e Boulding. O estudo tamén analiza como as ideas da economía circular se desenvolveron desde o século XVIII ao XX, revelando a influencia de teorías económicas clásicas, neoclásicas e científicas naturais na súa evolución. Os resultados suxiren unha continuidade entre o pensamento ambiental e científico tradicional, indicando que as novas ideas circulares representan unha transición gradual e evolutiva máis que unha ruptura paradigmática coa ciencia tradicional.

FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
DEL RIO IGLESIAS, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS CASAL, ANA (Secretario/a)
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Vogal)

Análise de datos e toma de decisións dos peregrinos chineses na ruta de peregrinación
Autoría
Z.H.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Z.H.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
O artigo analiza o crecente número de peregrinos chineses no Camiño de Santiago, explorando as súas motivacións e o impacto cultural e económico na rexión. Destaca a transformación das tradicións relixiosas cara a un espírito máis ecléctico e realiza unha análise cualitativa para comprender este fenómeno.

Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Tribunal
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO (Presidente/a)
SALGADO BARANDELA, JESYCA MARIA (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)

A negociación colectiva no sector dos aloxamentos turísticos en Galicia: análise da estrutura e propostas de mellora
Autoría
B.P.A.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
B.P.A.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
O estudo aborda a negociación colectiva no sector dos aloxamentos turísticos en Galicia, analizando a estrutura e aplicación dos convenios colectivos dentro do marco normativo vixente. O estudo analiza a dinámica laboral, o impacto das reformas lexislativas e os retos da representación sindical. Tamén se identifican as desigualdades nas condicións de traballo e avalíase o impacto da regulación na estabilidade e protección dos traballadores. A partir da análise comparativa, preséntanse propostas para reforzar a negociación colectiva, promover a equidade no sector e garantir un marco normativo máis eficiente e harmonizado.

GIL OTERO, LIDIA (Titoría)
GIL OTERO, LIDIA (Titoría)
Tribunal
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO (Presidente/a)
SALGADO BARANDELA, JESYCA MARIA (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO (Presidente/a)
SALGADO BARANDELA, JESYCA MARIA (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
Traballo Fin de Máster Orientación Investigadora
Autoría
R.I.A.N.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
R.I.A.N.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
Data da defensa
21.02.2025 10:00
21.02.2025 10:00
Resumo
Na actualidade, a economía baseada no coñecemento e a necesidade de transitar cara a futuros sostibles impulsaron o papel da innovación baseada na investigación científica como un medio para acadalo. Neste contexto, as universidades asumiron un papel clave na xeración de tecnoloxías, promovendo a súa transferencia ao sector produtivo a través de distintos mecanismos, entre eles, a licenza de patentes. Porén, só unha pequena porcentaxe das patentes universitarias consegue ser licenciada e aplicada por unha empresa para resolver un problema real. Este traballo céntrase en analizar o proceso de desenvolvemento, valorización e transferencia de tecnoloxías ambientais desenvolvidas polo Centro de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) e patentadas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). O obxectivo é identificar as características e os factores que inciden no licenciamento e na transferencia ao sector produtivo. Para iso, emprégase unha metodoloxía cualitativa, baseada nun estudo de casos múltiples, que combina a sistematización da información sobre as tecnoloxías patentadas polo CRETUS con entrevistas en profundidade aos investigadores implicados para a construción dos casos. En total analízanse seis casos: tres nos que a patente foi licenciada e tres nos que non, contrastándoos con elementos teóricos e empíricos dispoñibles sobre a materia. As conclusións destacan que o CRETUS presenta bos indicadores respecto da transferencia mediante patentes. Os casos analizados evidencian o carácter complexo, interactivo, acumulativo e sistémico do proceso de innovación. Así mesmo, identifícanse como principais factores de incidencia a vinculación durante o desenvolvemento da tecnoloxía, a achega do financiamento privado, as experiencias previas, a presenza de investigadores nas empresas e a capacidade de absorción do tecido produtivo. Tamén se salienta o papel da normativa e da administración. Do traballo xorden novas cuestións, relacionadas maioritariamente co estudo do impacto da patente universitaria na difusión das innovacións.

VILLAMARIN TABOADA, JOSE ANDRES (Titoría)
VILLAMARIN TABOADA, JOSE ANDRES (Titoría)
Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Coordinador)
PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Presidente/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)

Análise económica financeira de Televés S.A.
Autoría
S.M.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
S.M.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
Data da defensa
17.02.2025 12:00
17.02.2025 12:00
Resumo
O propósito deste traballo de fin de máster é realizar unha análise económico-financeira de Televés S.A. co obxectivo de avaliar o seu rendemento e a súa posición competitiva fronte a algúns dos seus competidores. Examínase a súa situación actual, identificando as súas principais fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades, para propoñer medidas que permitan optimizar a súa xestión e os seus resultados competitivos, económicos e financeiros. O traballo estruturouse en distintas fases. Primeiro, preséntase a empresa, a súa traxectoria e a súa estrutura organizativa. A continuación, lévase a cabo unha análise externa e interna, considerando os factores que inflúen na súa competitividade. Despois, realízase unha análise económico-financeira fundamentada no cálculo de porcentaxes verticais e horizontais, ratios e indicadores en relación cos estados financeiros de Televés e os do grupo de comparación seleccionado. Ao final, recapitúlanse os factores identificados nas fases principais da análise para destacar a situación financeira actual da empresa e suxírense algunhas estratexias que poderían reforzar o seu posicionamento no mercado. O traballo consta de 14.319 palabras.

DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Secretario/a)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Secretario/a)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Prácticas de economía circular e emprego verde nas Pemes de España: unha análise baseada no Eurobarómetro
Autoría
M.V.A.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
M.V.A.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
Data da defensa
17.02.2025 12:00
17.02.2025 12:00
Resumo
Este informe pretende analizar a evolución da implantación de prácticas de economía circular e da xeración de emprego verde nas Pemes de España entre os anos 2017 e 2024, comparando o seu rendemento coa media dos países membros da Unión Europea. Para iso, comparáronse os resultados das enquisas realizadas na elaboración de tres edicións do Eurobarómetro Flash (456, 498 e 549) publicadas pola Comisión Europea. A través desta análise identificouse a evolución da adopción de prácticas de eficiencia no uso dos recursos e a porcentaxe de investimento para conseguilos, a existencia de estratexias de neutralidade climática ou de emisións negativas, as barreiras ás que se enfrontan as empresas para ser eficientes e os tipos de apoio que teñen para ser cada vez máis sostibles. Ademais, estudouse o crecemento dos mercados verdes e do emprego. Conclúese que, aínda que as Pemes españolas avanzaron positivamente na adopción de prácticas de economía circular, especialmente na eficiencia do uso dos recursos e no aumento da oferta de produtos e servizos ecolóxicos, persisten dificultades normativas, administrativas, financeiras e formativas que limitan o seu desenvolvemento. Os resultados mostran que as Pemes españolas teñen un rendemento superior á media da Unión Europea pero que aínda hai moito marxe de mellora na xestión ambiental para facilitar a transición cara a modelos produtivos máis sostibles.

PIÑEIRO GARCIA, MARIA DEL PILAR (Titoría)