Ir o contido principal

Obradoiro de proxectos de Xestión Cultural

18.11.2025 | 16.30h-19.30h

Laboratorio de Idiomas

Celebrarase o 18 de novembro na Facultade de Humanidades

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

Este Obradoiro estará a cargo de Maos. Innovación Social - Soc. Coop. Galega e terá como obxectivo achegar ao alumnado do Grao en Xestión Cultural e o Máster en Servizos Culturais unha serie de proxectos de investigación e divulgación cultural e patrimonial, ideados, desenvolvidos e coordinados polo equipo desta cooperativa, que sirvan como estímulo na ideación de propostas pola súa parte.

O obradoiro terá unha duración de 3 horas e comezará coa presentación dalgúns dos proxectos desenvolvidos por Maos, no ámbito da xestión cultural, tanto no ámbito audiovisual (Youtubeiras), como na produción e posta en práctica de paseos ou roteiros temáticos ou a comunicación (Festival Rosalía). A seguir, o alumnado participante, en pequenos grupos, creará esbozos de proxectos culturais, que serán presentados na parte final da actividade, recibindo achegas das persoas participantes.

Este obradoiro celebrarase o martes 18 de novembro, de 16:30 a 19:30 h. No Laboratorio de Idiomas da Facultade de Humanidades da USC.

Enlace á web de Maos: https://maos.gal/

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2025.