Petróglifos de armamento en dúas comarcas galegas: Deza e o Norte da Península do Barbanza
Autoría
U.F.N.
Grao en Historia
U.F.N.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Os petróglifos da comarca de Deza e do Norte da Península do Barbanza constitúense como núcleos con entidade propia dentro do grupo de arte rupestre galego pola súa densidade e variedade de motivos representados. Ditas comarcas teñen a peculiaridade de contar con gravados de armamento no seu catalogo, caso excepcionalmente inusual o de Deza, sitúada no interior da comunidade galega, alonxada do núcleo de maior diverisdade temática. O valor cronolóxico dos correlatos metálicos dos gravados e os criterios de selección de armas a representar levannos a poñer atención no desenvolvemento da primeira metalurxia do Noroeste. Os petróglifos non han de ser considerados como entes aislados, senón evaluados no seu conxunto dentro do seu entorno circundante, tal é como suxire a Arqueoloxía da Paisaxe. Neste senso os petróglifos estudados adoitan representarse en zonas cunha boa visibilidade, lugares relevantes de tránsito, así como próximos a recursos hídricos. Estos gravados reservan as suas peculiaridades en sendas zonas, en canto a estilo e tipos de armamento

Dirección
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titoría)
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titoría)
Tribunal
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titor do alumno)

Ocio e Entretemento na Antiga Roma
Autoría
A.L.R.
Grao en Historia
A.L.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Durante toda a historia da humanidade, buscamos a forma de divertirnos, de entreternos sós ou en compañía nos momentos do día nos que non estamos a traballar ou durmindo. Neste traballo, exploramos os diferentes pasatempos e eventos que os romanos realizaban. Por unha banda trataranse distintos tipos de eventos que poderían ser considerados menos importantes como os banquetes ou xogos de azar e pola outra se tratarán os grandes eventos polos que Roma pasou á historia popular, sendo isto os combates de gladiadores, as carreiras de carros e as representacións teatrais entre outros

VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titor do alumno)

O xadrez e a Guerra Fría: unha arma de propaganda. (1948-1990).
Autoría
A.C.G.
Grao en Historia
A.C.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo aborda o xadrez como unha ferramenta máis na Guerra Fría, tanto para a Unión Soviética como para os Estados Unidos demostraba unha superioridade intelectual o combate sobre o taboleiro. Ao longo do traballo exporase que papel ten o xadrez no marco contextual da propaganda e a cultura na Guerra Fría, como influíron os intereses dos dous grandes bloques nos resultados nos taboleiro. Ao final o obxectivo é analiza cal foi a importancia que tivo a Guerra Fría dentro do xadrez ou o papel que desenvolveu con relación ao conflito. Para iso comezaremos cunha introdución na que exporemos as lóxicas que seguía a propaganda cultural na Guerra Fría e o papel que tanto a CIA como o KGB cumprían neste ámbito. A continuación, engadiremos un punto do traballo dedicado a entender se o xadrez foi un xogo de masas ou estaba reducido a unha elite de intelectuais. A partir de aquí comezará un percorrido cronolóxico, comezando en 1917, cando os episodios da Revolución de Outubro cambian por completo o devir da historia do xadrez contemporáneo. Introducindo o caso de Korchnoi como disidente soviético que xogaría baixo a bandeira doutro país. Tras a Segunda Guerra Mundial, trátase o dominio soviético (1948-1972) a través de Botvinnik e despois os famosos episodios do «Match do século» (1972) coa primeira vitoria dun norteamericano no xadrez contemporáneo. Sendo o último punto o enfrontamento interno na Unión Soviética representado sobre o taboleiro entre Karpov e Kasparov (1975-1990), que conclúe cun último enfrontamento en Lyon.

FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)

Descensus ad inferos
Autoría
N.T.U.
Grao en Historia da Arte
N.T.U.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo Fin de Grao foi realizar unha análise exhaustivo da iconografía da escena de Cristo descendendo aos infernos, explorando os seus diferentes tipos e variantes ao longo da historia da arte. Levouse a cabo un rastrexo de fontes textuais e visuais, observando como se interpretan e modifican as imaxes en función do seu contexto histórico, artístico e cultural. Neste proceso, analizouse a fidelidade das representacións respecto ás fontes literarias que lle serviron de base. Deste modo, ao examinar as diferentes variables iconográficas e a súa relación cas fontes, aclarouse como estas variantes influiron na evolución do imaxinario relixioso e como os artistas reinterpretaron o concepto a partir dos contextos históricos e doctrinais nas que se insertan. Con todo iso, este traballo invita a unha comprensión máis profunda do tema de Cristo baixando aos infernos e a súa vinculación cos cambios teolóxicos, sociais e culturais no transcurso do tempo.

LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ CALDERON, CARME (Titor do alumno)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titor do alumno)
Camaleónica: Cindy Sherman e a arte de mudar de pel
Autoría
U.B.B.
Grao en Historia da Arte
U.B.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 12:00
20.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo monográfico nace polo interese de profundar nas novas posibilidades, interpretacións e contidos que achega o medio fotográfico á historia da arte, e ten como obxectivo principal abordar a obra da fotógrafa estadounidense Cindy Sherman. A súa longa traxectoria e extensa produción artística caracterízase polo uso de sí mesma en todo o proceso artístico (tanto a nivel físico coma intelectual), o uso de elementos de caracterización e o uso do autorretrato/retrato. Estas características permiten abordar e investigar cuestións como a problemática da imposición de etiquetas no discurso tradicional histórico-artístico ou a complexidade interpretativa da produción fotográfica. Así coma profundar en elementos como a performatividade na fotografía, a construción da identidade e a súa relación cos estereotipos e os medios de comunicación. Ademais de analizar as posibilidades que aporta o xogo coa indumentaria i elementos de caracterización na arte.

BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)

A influencia da terra natal: vivenda e natureza en Niemeyer e Barragán
Autoría
O.C.G.
Grao en Historia da Arte
O.C.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 12:00
20.02.2025 12:00
Resumo
Oscar Niemeyer e Luis Barragán emergen como figuras icónicas da arquitectura contemporánea en Brasil e México, respectivamente. Ambos laureados co Premio Pritzker cimentaron as súas obras na modernidade, na natureza e no profundo amor pola súa terra natal, forxando así a esencia e a liberdade creativa dos seus traballos. A pesar de compartir estes principios fundamentais, os seus enfoques diverxen marcadamente tanto no visual como no estrutural. Dada a vasta cantidade de obras de Niemeyer en comparación coas do arquitecto mexicano, este estudo centrarase nas vivendas como tema de análise. Examinaranse desde os seus inicios e as teorías aplicadas durante os seus estudos, ata as características distintivas e preceptos que definan as súas obras máis emblemáticas. No caso de Luis Barragán, estas características converxen na Casa Luis Barragán e nas Cuadras de San Cristóbal, mentres que en Niemeyer destácanse na Casa das Canoas. Ambos arquitectos integran a natureza nas súas obras, pero fano de maneiras contrastantes. Barragán aproxímase cunha sensibilidade reverente, situando ao ser humano nunha posición humilde fronte á natureza. Niemeyer, pola contra, impónse sobre o entorno natural, destacando as súas edificacións, que buscan ocupar un espazo preeminente no paisaxe.

MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
Os procesos de dó no audiovisual contemporáneo
Autoría
Y.G.G.
Grao en Historia da Arte
Y.G.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 17:30
20.02.2025 17:30
Resumo
O nacemento e a morte son dous feitos fundamentais na existencia de todo organismo vivo, marcando o período de tempo no que se desenvolve a súa actividade. Pese a isto, o noso coñecemento é incompleto e é cando experimentamos a perda dun ser querido cando isto se fai evidente. Para poder explicar como repercuten todas estas emocións nas prácticas artísticas, as diferentes maneiras de vivir e ser consciente da morte e de amosar a transformación do desgarro da morte do outro pero tamén da morte propia como unha emoción universal, o presente traballo investiga, mediante a metodoloxía da psiquiatra e escritora Elisabeth Kübler-Ross, o reflexo das distintas etapas do dó no audiovisual contemporáneo.

NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)

Aumentan as posibilidades de ocorrencia de fenómenos como o ciclón extratropical Lothar co Cambio Climático?
Autoría
R.A.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
R.A.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Lothar foi un fenómeno atmosférico extremo que cruzou o Atlántico Norte e Europa en menos de 48 horas e a súa formación e desenvolvemento foron consecuencia dunha anomalía da temperatura superficial do océano e unha corrente en Chorro Polar moi virulenta e recta debido a un grande contraste de presión e temperatura do Anticiclón das Azores e una borrasca que provía de Islandia. Para estudar a súa orixe e intentar prever se aumentan as posibilidades de episodios coma este, foron analizados a situación térmica do Atlántico Norte e a cuberta de xeo do Ártico, pois son condicionantes directo e indirecto das causas de orixe de Lothar, xunto coas previsións ofrecidas polo AR6 do IPCC.

MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titor do alumno)

Análise sobre a situación xeopolítica da Federación Rusa
Autoría
M.M.B.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
M.M.B.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Neste TFG realizarase unha análise sobre a xeopolítica de Rusia en relación cos países occidentais e o espazo postsoviético. A Federación Rusa adoita argumentar que os países occidentais están a violar a súa seguridade mediante a expansión da súa influencia, e que permite ataques contra as comunidades rusas que residen no territorio da antiga URSS. Con esta xustificación, Rusia tende a levar a cabo diversas campañas en certos países, nas que frecuentemente se violan leis internacionais ou tratados. Con este traballo temos a hipótese de que a Federación Rusa realiza este tipo de campañas debido a que non pode competir coas outras potencias mundiais e se atopa nunha crise que podería provocar a perda do seu estatus como potencia global. Para iso, analizaranse varios apartados como o político, social, económico e militar. Para o apartado de metodoloxía, utilizáronse noticias, datos de organismos oficiais e mapas históricos para apoiar a hipótese.

SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titor do alumno)