- Código
- FD0377
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 10.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
-
Manuel Francisco Marey Perez
Óscar López Álvarez - Contacto
manuel.marey [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
MANUEL FRANCISCO MAREY PEREZ
manuel.marey [at] usc.es
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 29/11/2025 - 31/12/2025
Preinscrición: 03/11/2025 - 17/11/2025
Matrícula: 18/11/2025 - 23/11/2025
Número alumnos/as mínimo: 5
Número alumnos/as máximo: 500
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Sen requisitos de acceso
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Seleccionaranse por orde de inscripción os titulados en ciclos medios e superiores de FP da rama agraria e afíns, Titulados en graos e másteres universitarios en formación agraria e afíns e estudantes de ambos tipos de formación regrada.
Obxectivos
Ao rematar o curso, o alumnado será quen de:-Identificar e describir os principais modelos de explotación agraria no contexto dos recursos naturais dispoñibles.
-Aplicar técnicas básicas de manexo sostible do solo, da auga e doutros recursos naturais en contextos agrarios.
-Manexar ferramentas e maquinaria agrícola segundo os requirimentos de distintas operacións produtivas.
-Avaliar a adecuación das técnicas empregadas segundo o tipo de explotación agraria (intensiva, extensiva, ecolóxica, etc.).
-Deseñar pequenas intervencións técnicas para mellorar a eficiencia produtiva respectando criterios de sostibilidade ambiental.
Competencias
S.4 Competencias de xestiónS.4.2.0 – Organizar, planificar e programar traballo e actividades
S.6 Manipular e mover
S.6.4 – Ocupárense de plantas e cultivos
S.6.4.1 – Cultivar terreos e plantar cultivos
S.6.4.2 – Plantar cultivos, árbores ou outras especies vexetais
S.6.4.3 – Podar, cortar e colleitar árbores, cultivos e outras plantas
S.8 Traballar con maquinaria e equipamento especializado
S.8.1 – Operar maquinaria móbil
S.8.1.2 – Manexar equipos agrícolas ou forestais
Avaliación
Para superar a avaliación requírese:
Resolver no prazo o cuestionario final de avaliación cunha porcentaxe de acertos do 100 % (permitiranse varios intentos).
Entregar un exercicio práctico consistente en realizar e simular, nunha ou varias parcelas, un modelo forestal, un modelo gandeiro e un modelo agroforestal.
Titorías
A metodoloxía empregada será totalmente en liña e asíncrona (online asincrónica), orientada a profesionais. Trátase dun enfoque que ten demostrado excelentes resultados formativos en alumnado adulto e en perfís especializados. A formación que se ofrece neste curso está dirixida a xestores, técnicos, profesionais do sector e formadores. O curso será completamente virtual, a través dun programa de simulación e xestión, integrado nunha aula virtual desenvolvida especificamente para esta formación na plataforma Moodle, dispoñible en: https://cursos.proepla.com. Toda a docencia será impartida en castelán. O estudantado poderá formular dúbidas a través dos foros. As titorías realizaranse, de forma ordinaria, mediante Microsoft Teams e deberán ser solicitadas por correo electrónico, en horario e data acordados entre o docente e o alumno.
Horarios de luns a domingo, 00:00h a 23:59h
Observacións
Modalidade virtual
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Modelos Técnico-Económicos Agrarios no Contexto do Bosque Atlántico. | 10.0 |